Carolina Pascual Gracia, nada en Orihuela (provincia de Alacant) o 17 de xuño de 1976, é unha ex-ximnasta rítmica española.
Traxectoria
Acadou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1992, entre outras preseas coa selección nacional de ximnasia rítmica de España. Tamén foi campioa de España en categoría de honra (1991). Entre outros recoñecementos, posúe a Orde Olímpica do Comité Olímpico Español (1992), a Medalla de Ouro da Xeneralidade Valenciana ao Mérito Deportivo (1992) e a Medalla de Prata da Real Orde do Mérito Deportivo (1994).
Recoñecementos
Dá nome a unha glorieta en Alacant, unha rúa en Orihuela e un parque en Correntías Medias (Orihuela). Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1976
Categoría:Nados en Orihuela Categoría:Ximnastas rítmicos de España Categoría:Ximnastas olímpicos de España Categoría:Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1992