Francisco Torres Merín, coñecido como Fran Torres e tamén como Tombita, nado en Mendoza o 10 de setembro de 2004, é un xogador de hóckey a patíns arxentino, que xoga como dianteiro no Deportivo Liceo da OK Liga.

Traxectoria Nacido na cidade arxentina de Mendoza, provén dunha familia vencellada ao hóckey a patíns. Seu avó Juan Leonardo Torres, alcumado Tomba, xa xogaba ao hóckey e del herdou o alcume de Tombita. Seu tío Leonardo Tomba foi tamén xogador e militou como profesional en varios clubs europeos, como o Benfica, o Barcelos ou o Vigo Stick. Fran comezou a xogar no seu país, ata que aos 15 anos puxo rumbo a Galicia para fichar polo Liceo. Na súa primeira tempada na Coruña (2019/20) recibiu as súas primeiras convocatorias para o filial do club, da OK Liga Prata, ao que se integrou plenamente na campaña seguinte.

O 11 de setembro de 2021 debutou co primeiro equipo do Liceo, ante o Caldes nas semifinais da Supercopa de España, competición da que o seu equipo se proclamou campión. Catro meses despois disputou o seu primeiro encontro na OK Liga, fronte ao Manlleu.

Selección arxentina Internacional coas categorías inferiores da selección arxentina, en 2022 proclamouse campión do mundo júnior no estadio Aldo Cantoni de San Juan. Os seus dous goles nas semifinais ante España, un deles na prórroga, foron fundamentais para que o equipo acadase a final, que acabou conquistando ante Portugal.

Palmarés Liceo OK Liga (1): 2021/22. Copa do Rei (1): 2026. Supercopa de España (1): 2021/22.

Selección arxentina sub-20 Campionato do mundo sub-20 (1): 2022.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es .

Categoría:Nados na provincia de Mendoza Categoría:Nados en 2004 Categoría:Xogadores de hóckey a patíns da Arxentina Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Personalidades sen imaxes