The Feelies é unha banda estadounidense de rock procedente de Haledon, Nova Jersey. Formouse en 1976 e separouse en 1992 tras publicar catro álbums de estudio. O grupo reuniuse en 2008 e publicou novos discos en 2011 e 2017.
Aínda que non tivo moito éxito comercial, The Feelies tivo influencia no desenvolvemento do indie rock estadounidense. O seu primeiro álbum, Crazy Rhythms (Stiff Records, 1980) foi citado por R.E.M. como influente para o seu son. Á súa vez, The Feelies foi influenciada por The Beatles, The Velvet Underground e Lou Reed.
The Feelies rara vez traballou con produtores externos, aínda que Peter Buck de R.E.M. coproduciu o seu segundo álbum The Good Earth, un dos seus traballos máis exitosos. Nos anos 80 tocaban frecuentemente no Maxwell's, unha sala de concertos e bar/restaurante en Hoboken.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloCrazy Rhythms1980Stiff RecordsThe Good Earth1986Coyote / Twin/ToneOnly Life1988A&M RecordsTime for a Witness1991A&M RecordsHere Before2011Bar/None RecordsIn Between2017Bar/None Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Nova Jersey Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de jangle pop Categoría:Grupos musicais formados en 1976