miniatura|400px|Esquema dun sistema de acabalgamento mostrando unha fiestra e unha illa tectónica. O bloque da parede acabalgante chámase (cando ten unhas mínimas proporcións) manto de corremento ou nappe. Se se forma un burato por erosión no manto de corremento fórmase unha fiestra tectónica. Unha illa tectónica ou klippe é un afloramento solitario que forma como unha "illa" de material non erosionado rodeado do material autóctono de base. Unha fiestra tectónica, ventá tectónica ou Fenster, (en alemán 'fiestra') é unha estrutura xeolóxica situada nunha zona de manto de corremento na que o terreo autóctono subxacente está rodeado de terreo alóctono do manto, que se orixinou pola desaparición do alóctono nesa zona (por erosión ou falla). Esta estrutura fórmase pola erosión diferencial ou por un mecanismo de falla normal nun sistema de acabalgamento.Ciencias Geológicas-5: Tectónica . Dicionarios digitales. En tal sistema, a masa rochosa (bloques superiores ou acabalgantes) que foi transportada polo movemento ao longo do acabalgamento chámase manto de corremento (nappe). Cando a erosión ou un sistema de fallas normais producen un burato no manto de corremento ou acabalgamento polo que afloran rochas do material subxacente autóctono (é dicir, non transportado) fórmase unha fiestra ou ventá tectónica.
As fiestras tectónicas poden ser de case calquera tamaño, desde un par de metros a centos de quilómetros.
Exemplos en Galicia de fiestras tectónicas son as fiestras do Xistral e Monte Carballosa no manto de Mondoñedo.
O concepto contrario a fiestra tectónica é o de illa tectónica ou klippe, no cal o alóctono está rodeado de autóctono.
Semifiestras e lobos Cando a rocha autóctona está só parcialmente rodeada por rocha alóctona transportada polo acabalgamento forma unha semifiestra tectónica ou semiventá tectónica.
Un lobo é unha estrutura redondeada formada por materiais alóctonos que sobresaen do bordo dianteiro ou fronte de acabalgamento.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Illa tectónica ou klippe
Categoría:Xeoloxía estrutural