Jacinto Nogueira Nogueira, nado en Vigo cara a 1910 e finado en febreiro de 1988, foi un político comunista galego.

Traxectoria Fillo de Ángel Nogueira Grossi, e irmán de Ángel Nogueira Nogueira, que se suicidou no asalto do bou Eva coa súa muller Carmen Miguel Agra. Con ese motivo rexistraron o seu domicilio e foi detido. Foi destinado a un batallón de traballadores. Regresou a Vigo e estivo agochado. Integróuse na dirección do Partido Comunista de España en Vigo na clandestinidade xunto con Eladio Rodríguez González, axudados por Francisco Herrera. Foi secretario xeral do Comité Rexional do PCE de Galicia, que tiña a Francisco Barreiro Barciela como secretario de Axitación e Propaganda e a Francisco Herrera como secretario de organización.

Trala caída de Eleuterio Lobo Martín foi detido en Vigo por axentes da Brigada Político Social 26 de outubro de 1941 xunto con Eladio Rodríguez e Francisco Barreiro. Xulgado en Madrid, foi condendo á pena de morte. Conmutada a trinta anos de prisión, pasou por varias cadeas recalando finalmente no penal de El Dueso (Santoña) de onde saíu en liberdade condicional en 1949."Jacinto Nogueira y el bou «Eva»", La Voz de Galicia, Vigo, 19-5-2012, L8. Nos anos cincuenta foi axente de COPIBA en Barcelona.El Pueblo Gallego, 13-3-1957, p. 5. Vida persoal Casou con María Cao Rodríguez e foi pai de Ángel Nogueira Cao e María José Nogueira Cao.El Pueblo Gallego, 10-9-1941, p. 4.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Jacinto Nogueira y el bou Eva

Categoría:Políticos do PCE

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1988