Tess é un filme franco-británico de 1979 dirixido por Roman Polanski e protagonizado por Nastassja Kinski, Peter Firth e Leigh Lawson. É unha adaptación da novela de Thomas Hardy Tess of the d'Urbervilles (1891).Variety film review; 7 de novembro de 1979. O guión foi escrito por Gérard Brach, John Brownjohn e Roman Polanski. O filme recibiu críticas positivas logo da súa estrea e foi nomeado a seis Premios Óscar, incluíndo mellor filme, e gañando nas categorías de mellor fotografía, mellor deseño de produción e mellor deseño de vestiario.

Estreouse en galego o 8 de febreiro de 2023 a través da TVG.

Sinopse A historia ten lugar nos condados rurais de Dorset, Inglaterra durante a época vitoriana. A acción desencadéase cando, de maneira inocente, o crego dunha aldea, Parson Tringham (Tony Church), lle revela a John Durbeyfield (John Collin), un honrado granxeiro, que os "Durbeyfields" son realmente descendentes dos d’Urbervilles, unha nobre familia case extinguida cuxa liñaxe se remonta até a época de Guillerme o Conquistador. Esta información semella inútil xa que a familia perdeu as súas terras e o seu prestixio cando morreron os herdeiros varóns. O crego simplemente pensa que a Durbeyfield lle gustaría coñecer as súas orixes como curiosidade histórica.

Personaxes

Nastassja Kinski como Tess Durbeyfield (acreditada como "Nastassia Kinski") Peter Firth como Angel Clare Leigh Lawson como Alec Stokes-d'Urberville John Collin como John Durbeyfield Rosemary Martin como Mrs. Durbeyfield Carolyn Pickles como Marian Richard Pearson como Vicar of Marlott David Markham como Reverendo Clare Pascale de Boysson como Mrs. Clare Suzanna Hamilton como Izz Huett Caroline Embling como Retty Tony Church como Parson Tringham Sylvia Coleridge como Mrs. d'Urberville Fred Bryant como Dairyman Crick Tom Chadbon como Cuthbert Clare Arielle Dombasle como Mercy Chant Dicken Ashworth como Farmer Groby Lesley Dunlop como rapaza

Notas

Categoría:Filmes de 1979 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Roman Polanski Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes ambientados no século XIX Categoría:Filmes ambientados en Inglaterra Categoría:Filmes de 1979 con versión en galego