Manuel Germán Pedreira Rumbo, nado en Culleredo cara a 1916 e finado en Buenos Aires, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Pedreira Pazos que era mestre en Poio. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 16-5-1933, p. 11. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa da República que se orquestrou desde o Goberno Civil de Pontevedra ata a súa rendición, o 20 de xullo. Despois logrou fuxir. Reclamado mediante requisitoria polo xuíz militar de Pontevedra o 4 de setembro xunto con Aurelio Torres Lorenzo, Manuel Martínez, Albino Sánchez Leiro e Elvira Lodeiro González.El Diario de Pontevedra, 4-9-1936, p. 2. Foi declarado prófugo o 25 de febreiro de 1937 ao non se presentar cando foi mobilizado para o Exército. Coa derrota de República pasou a Francia. Exiliouse na República Dominicana, a onde chegou o 23 de febreiro de 1940.Lista de exiliados republicanos españoles en la República Dominicana en 1940 A principios de 1941 marchou á Arxentina. Integrouse na Irmandade Galega de Bos Aires. Colaborou en A Fouce e foi director de A Nosa Terra. En 1982 fundou o periódico Pátria Galega.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes