Cristina Olea Fernández, nada en Vigo en 1982, é unha xornalista galega.

Traxectoria Realizou a súa formación inicial na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Xornalismo en 2004. Tamén fixo o máster en Xornalismo de Televisión do Instituto RTVE e o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Humanidades pola Universidade Autónoma de Barcelona.

Dende o ano 2006 traballa en Televisión Española como cronista parlamentaria e posteriormente na sección de internacional. Foi enviada especial a diversos países do mundo, entre as que destaca a cobertura das eleccións dos Estados Unidos de 2012 cando Barack Obama saíu elixido presidente e o conclave de 2013 no que foi elixido Jorge Mario Bergoglio como novo Papa da Igrexa católica co nome de Francisco.

Dende 2018 é correspondente de Televisión Española en Washington, D.C. (nos Estados Unidos). En xaneiro de 2021 entrevistou o expresidente estadounidense Barack Obama para o programa Informe semanal.

Obras

La gran fractura americana. Trump, Harris y las crónicas de un país convulso (2024). Madrid: La esfera de los libros. 388 páxs. ISBN 9788413849294.

Recoñecementos 2013: Globo de Ouro do World Media Festival pola súa reportaxe "El desencanto de Europa" para o programa informativo En Portada. 2013: Gran Premio do Xurado do World Media Festival con ‘El desencanto de Europa’, reportaxe para o programa ‘En Portada’.

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1982 Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Correspondentes internacionais