Os endopterigotos ou Endopterygota (do grego antigo endon 'interno' + pterón 'á' + o neolatín -ota 'que ten'), tamén coñecidos como holometábolos (Holometabola), é unha superorde de insectos dentro da infraclase Neoptera que pasan por fases distintivas larval, pupal e adulta. Sofren unha metamorfose radical, coas fases de larva e adulto moi diferentes en estrutura e comportamento. Isto chámase holometabolismo ou matamorfismo completo.

Evolución Os Endopterygota constitúen a superorde de insectos máis diversa, cun millón de especies vivas divididas en 11 ordes, que conteñen insectos como as bolboretas, moscas, pulgas, abellas, formigas e escaravellos.

O fósil de endopterigoto máis antigo data do Carbonífero.

Os Endopterygota son por veces divididos en tres ensamblaxes: Neuropterida (Neuroptera, Megaloptera, Raphidioptera, Strepsiptera e Coleoptera), Hymenopteroida (Hymenoptera), e Panorpida (Siphonaptera, Diptera, Trichoptera, Lepidoptera e Mecoptera).

As análises moleculares aclararon a filoxenia do grupo, como se mostra no seguinte cladograma.

Descrición miniatura|90px|Estadios do holometabolismo en Hymenoptera Os Endopterygota distínguense dos Exopterygota polo modo en que se lles desenvolven as ás. Os Endopterygota (literalmente "formas aladas internas") desenvolven as ás dentro do corpo e sofren unha elaborada metamorfose na que hai un estadio pupal. Os Exopterygota ("formas aladas externas") desenvolven a ás no exterior dos seus corpos e non pasan por un estadio de pupa. Porén, a última característica é plesiomórfica, xa que se encontra tamén en grupos como os Odonata (libélulas e cabalos do demo), que non son Neoptera, senón máis basais entre os insectos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Morfoloxía dos insectos Holometabolismo

Categoría:Insectos