A casa Salorio é un edificio situado no Ensanche da cidade da Coruña.
Historia Fernando Rubine era o propietario da fábrica de chocolate La Española, situada na actual praza de Pontevedra, nun edificio de dous andares proxectado en 1890 polo arquitecto Domingo Rodríguez Sesmero. En 1912 ampliouse o edificio para reducir a fábrica e dotalo de uso residencial.
Descrición A casa Salorio construíuse sobre un soar de forma triangular. Foi deseñado polo arquitecto Antonio López Hernández como un edificio de catro andares. En 1925 Pedro Mariño ampliouno engadindo un andar máis.
Destacan as galerías simétricas das fachadas a partir do segundo andar. Tamén é de salientar o traballo de madeira no portal.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Turgalicia A arquitectura modernista
Categoría:Arquitectura civil na Coruña