Os Xogos Olímpicos de 1980 foron celebrados en Moscova (Unión Soviética) entre o 19 de xullo e o 3 de agosto. Inaugurounos o presidente Leonid Brezhnev e contaron coa participación de 5.179 atletas de 80 estados, o máis baixo comparecemento ós Xogos dende Melbourne 1956, debido ó maior boicot realizado na historia olímpica, cando a inxerencia da política no deporte chegou a seu punto máis alto e decisivo.
No comezo de 1980, como protesta contra a invasión soviética de Afganistán, o presidente norteamericano Jimmy Carter anunciou o boicot da súa nación ós Xogos Olímpicos de Moscova no ano seguinte, conclamando ós seus aliados polo mundo a daren o mesmo exemplo; 69 estados seguiron o camiño dos Estados Unidos, levando estes Xogos a un nivel de calidade máis baixo. Mesmo así, producíronse algunhas marcas e desempeños excepcionais e até atletas de países que apoiaron a acción americana acabaron participando individualmente baixo a bandeira olímpica.
Este comezo dos anos 80 representou o pior momento vivido polos Xogos Olímpicos e polo Comité Olímpico Internacional en toda a súa existencia, co, obviamente, xa agardado boicot pola URSS e os seus aliados ós Xogos seguintes nos Ánxeles, facendo que os seus dirixentes temesen pola extinción das Olimpíadas.
Boicot
miniatura|Mapa dos boicots olímpicos Dada a invasión soviética de Afganistán, en 1979, os Estados Unidos de América decidiron boicotear os Xogos Olímpicos de 1980. O presidente americano Jimmy Carter deu un ultimato ós soviéticos, o 20 de febreiro de 1980, para a completa retirada das tropas militares de Afganistán. O boicot foi anunciado o 21 de marzo.
Jimmy Carter premeu a outros países para se adherir ó boicot, no que finalmente se adheriron 69 países, incluíndo Alemaña Occidental, o Canadá e o Xapón. Algúns países occidentais apoiárono, como Francia, Portugal e o Reino Unido, mais deixaron ós seus atletas decidir por eles mesmos se querían ir á Unión Soviética ou non. Porén, eses países mandaron unha delegación de atletas moito menor do que eles normalmente mandan ós Xogos Olímpicos. Por causa diso, Italia foi a principal representante da Europa Occidental nos Xogos de 1980. O boicot afectou severamente moitos eventos.
No total, 80 países competiron nos Xogos de 1980, o número mais baixo dende 1956. Dunha maneira ou outra, os xogos foron ben organizados, e máis marcas olímpicos foron quebradas nos Xogos de 1980 que nos Xogos de 1976, realizados en Montreal.
Modalidades disputadas miniatura|200px|Estados participantes Atletismo. Baloncesto. Boxeo. Piragüismo. Ciclismo. Esgrima. Fútbol. Ximnasia. Halterofilia. Balonmán. Hípica. Hóquei sobre herba. Judo. Loita. Natación. Péntatlon moderno. Wáter-polo. Remo. Saltos de trampolín. Tiro. Tiro con arco. Vela. Voleibol.
Cadro de medallas Cadro de Medallas 50px Posición País Gold Silver Bronze Total 1 80 69 46 195 2 473742126 3 8161741 4 87520 5 83415 6 7101532 7 661325 8 65314 9 57921 10 3141532
Notas
Categoría:Deporte en 1980 Categoría:Xogos Olímpicos Categoría:Moscova