Deimos 1 é un satélite artificial español lanzado o 29 de xullo de 2009 a bordo dun foguete Dnepr desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Deimos 1 foi construído por SSTL para Elecnor Deimos Space, que vendeu o satélite a súa división de imaxe a UrtheCast. O satélite ten unha masa de 91 kg e forma cúbica, xerando enerxía mediante células solares. Está adicado a obter imaxes da superficie terrestre dispoñibles comercialmente, para o que usa cámaras en tres bandas espectrais cunha resolución de 22 metros. Foi sucedido polo Deimos 2.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Dnepr Deimos 2
Ligazóns externas Deimos 1 na web de Elecnor
Categoría:Satélites artificiais de España Categoría:2009