miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Guinea, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Guinea, país litoral do oeste africano bañado polo golfo de Guinea e de gran variedade étnica e cultural debido á súa historia como ruta de comercio colonial, ratificou a convención o 18 de marzo de 1979, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

A Reserva Natural Integral do Monte Nimba foi o primeiro lugar de Guinea recoñecido como Patrimonio Mundial, inscrito na 5ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Sydney (Australia) en 1981. Compartido con Costa do Marfil, o sitio foi posteriormente incluído na Lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo dende 1992 por mor dos conflitos armados locais que ameazan a estabilidade e a conservación natural.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Guinea Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Reserva Natural Integral do Monte Nimba200px| Dix-Huit Montagnes (Costa do Marfil) / Nzérékoré (Guinea) 1981 155; ii, iv (natural)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país