José Souto Vilas, nado en Campo (Arzúa) en 1902 e finado na mesma parroquia o 16 de setembro de 1966, foi un profesor galego.

Traxectoria Fillo de Francisco Souto Eirín e Generosa Vilas Filloy. Licenciado en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi axudante de clases prácticas da USC (1925-1926), catedrático de Física e Química no Instituto de Vilafranca del Penedès e dende 1939 no Instituto de Ourense, do que foi vicedirector. Xunto cos seus irmáns constituíu a empresa hidroeléctrica Souto Vilas, construíndo unha pequena central en Ponte Carreira. Finou en Arzúa o 16 de setembro de 1966.Necrolóxica en La Región, 6-11-1966, p. 6.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:profesores de educación secundaria Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes