Västmanland é unha provincia histórica sueca (landskap) no interior da rexión de Svealand. Limita ao sur cos lagos Mälaren e Hjälmaren e as provincias de Södermanland e Närke, ao oeste coa provincia de Värmland, ao norte coas de Dalarna e Gästrikland, e ao leste coa de Uppland.

Västmanland divídese tradicionalmente en Bergslagen e Mälardalen. Dende a antigüidade, a fronteira entre Bergslagen e Mälardalen estaba na antiga casa de pesaxe de Arboga. No ano 2021 a poboación da provincia era de 319 473 habitantes.

Nome Västmanland ou "västmännens land" tomou o seu nome en comparación xeográfica con Uppland, e aparece mencionado no Florenslängden de 1103 na súa forma latina "Guasmannia".

Notas

Categoría:Provincias históricas de Suecia