Nordanstig é un concello sueco no condado de Gävleborg. A súa capital é Bergsjö. Dende 1980 a tendencia de poboación vén sendo negativa, e en decembro do ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 9 262 habitantes.
Ao longo da costa hai unha franxa dunha milla de ancho de terreo baixo que transita cara a un terreo montañoso primitivo cara ao interior. No oeste co concello as alturas acadan uns 500 metros. O 90% da superficie do municipio está cuberta de bosque e durante moito tempo a industria forestal ten sido a súa principal actividade económica, aínda que no presente o princial empregador é o concello.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Bergsjö, Gnarp, Harmånger, Hassela, Ilsbo e Jättendal. Nesas parroquias formáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
Coa reforma municipal de 1952 Ilsbo e Jättendal pasaron a formar parte de Harmånger mentres que os municipios de Bergsjö, Gnarp e Hassela permaneceron sen cambios.
Coa reforma municipal de 1971 creáronse os municipios de Bergsjö, Gnarps, Hassela e Harmånger a partir dos concellos rurais do mesmo nome. O actual concello de Nordanstig naceu posteriormente en 1974 a partir deses catro concellos, con Bergsjö como capital.
Xeografía O concello atópase no norte do condado de Gävleborg e limita co municipio de Sundsvall, no condado de Västernorrland, ao norte, co de Ljusdal ao oeste, e co de Hudiksvall ao sur, estes dous últimos tamén en Gävleborg.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Gävleborg