miniatura|Fotografía do mosteiro Mater Ecclesiae (Cidade do Vaticano) O mosteiro Mater Ecclesiae (en latín, Nai da Igrexa) é un convento de monxas da Cidade do Vaticano no que viviu o papa emérito Bieito XVI entre 2013 e 2022.

Edificio Localízase nos Xardíns do Vaticano nas proximidades do sede da Radio Vaticana e da fonte do Aquilone. O mosteiro ten forma de paralelepípedo e conta con dúas ás: na leste, de tres andares e soto, están os espazos comúns e as doce celas para as residentes, e a oeste, de dous pisos, onde está a capela. Ademais, ao seu carón, hai unha leira que se cultiva seguindo criterios da agricultura ecolóxica.

A parte máis antiga do recinto, a construída a principios do século XX, é a á leste, chamada Casetta Giardini, ideada para o Corpo de Xendarmaría, foi logo morada dos directores da Radio Vaticana e despois sede de diferentes dependencias administrativas. Este edificio acondicionouse entre 1992 e 1994 para albergar á comunidade monástica e sendo, nese momento, ampliado coa construción da ala da capela.

Historia O mosteiro foi fundado por iniciativa de Xoán Paulo II para contar dentro do Vaticano cun grupo de monxas que orase pola Igrexa e o papa. Segundo os estatutos do mosteiro, a orde relixiosa que o ocupe debe trocar cada cinco anos, lapso logo reducido a tres. Deste xeito alternáronse as seguintes:

1994-1999: Orde de Santa Clara (clarisas)

1999-2004: Orde das Carmelitas Descalzas

2004-2009: Orde de San Bieito (bieitas)

2009-2012: Orde da Visitación (salesas)

En 2012 a comunidade de salesas deixou o edificio e acometéronse obras de restauración. Cando en 2013, o papa Bieito XVI anunciou a súa abdicación, o mosteiro foi preparado para acoller a súa morada. Dende entón, reside aló canda o seu secretario privado Georg Ganswein e catro leigas consagradas da comunidade Memores Domini (ligadas ao movemento Comuñón e Liberación) que axudan cos labores domésticos. Ademais, o seu irmán, Georg Ratzinger, tiña un cuarto para cando o visitaba.El Papa Francisco recibe a Benedicto XVI en su regreso al Vaticano Informador.

Durante o seu retiro, Bieito XVI mantivo unha rutina diaria que consistía na misa conventual durante a mañá e o estudo na biblioteca. Ademais, tamén recibiu visitas do papa Francisco e concedeu algunhas audiencias públicas. Bieito XVI faleceu no mosteiro Mater Ecclesiae ás 9.34 horas do 31 de decembro de 2022.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bieito XVI, papa

Cidade do Vaticano

Categoría:Cidade do Vaticano Categoría:Arquitectura da Cidade do Vaticano Categoría:Mosteiros