Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no 2022.

Atentados por mes Xaneiro 7 de xaneiro : Unha explosión contra un camión do ESMAD en Cali, deixou 13 policías feridos. Un día despois, o ELN reivindicou o ataque..

12 de xaneiro : Un ataque suicida en Mogadixo, capital de Somalia, deixou polo menos 8 vítimas mortais e 9 feridas. O autor do atentado é o grupo terrorista Al Shabab. : Un ataque cunha granada deixou polo menos 3 militares feridos en Tibú, Norte de Santander. Os autores parecen ser disidentes das FARCS.

15 de xaneiro :Crise de reféns da sinagoga de Colleyville en xaneiro de 2022. Unha crise de reféns nunha sinagoga de Colleyville, preto de Dallas-Fort Worth, Texas deixou polo menos 1 morto, concretamente o autor do ataque. As vítimas do secuestro atópanse sas e salvas. A identidade do atacante é un cidadán británico que responde ao nome de Malik Faisal Akram. Máis tarde, as autoridades denunciaron que o ataque estábase tratado como un atentado terrorista e crime de odio.

17 de xaneiro : Un ataque con mísils e drons que afectou ao Aeroporto Internacional de Abu Zabi e a zona industrial de Mussafah, deixou 3 mortos e 6 feridos. O ataque foi reivindicado polos rebeldes hutíes de Iemen. Máis tarde a Coalición Árabe liderada por Arabia Saudita, bombardeou Saná, a capital de Iemen..

18 de xaneiro : Un ataque suicida contra un campamento militar no barrio Wadajir de Mogadixo, deixou polo menos 4 mortos e 10 feridos. O autor do atentado é Al Shabab.

21 de xaneiro : Un ataque contra a sede dunha unidade militar na provincia de Diyala, deixou polo menos 11 militares mortos. O atentado foi perpretado polo Estado Islámico..

26 de xaneiro : Un ataque contra un posto de control das forzas de seguridade paquistanís no distrito de Kech, provincia de Baluchistán, deixou polo menos 11 mortos (1 terrorista e 10 militares) e un número descoñecido de feridos. O grupo que reivindicou o ataque foi Exército de Liberación de Baluchistán (BLA), os cales elevan a cifra de militares mortos a 17.

29 de xaneiro : Un ataque terrorista con explosivos deixou 3 policías feridos no municipio de Anorí, Antioquía. A policía dixo que o autor do atentado é o ELN.

Febreiro

2 de febreiro : Un ataque en Ituri deixou polo menos 60 vítimas mortais. O responsable do ataque parece ser CODECO.

3 de febreiro : Un ataque con explosivos contra unha patrulla do exército colombiano en Las Guaduas, no municipio de Fortul deixou polo menos 1 militar morto e 2 feridos. O responsable do ataque é o ELN.

10 de febreiro : Un ataque suicida contra un autobús, onde ían delegados electores fronte a unha comisaría preto do Palacio presidencial de Somalia en Mogadixo, deixou 6 vítimas mortais e máis de 10 feridas. O autor do ataque é o grupo terrorista Al-Shabaab.

13 de febreiro : Un ataque contra un posto de control na localidade de Niafunké, na rexión de Tombuctú deixou polo menos 7 mortos (2 militares e 5 terroristas). Ningún grupo reivindicou o ataque.

15 de febreiro : Dous ataques bomba en Mogadixo, deixou 5 mortos e máis de 16 feridos. O autor do ataque é Al-Shabaab.

22 de febreiro : Un ataque terrorista na localidade de Kaiga Kindjiria, preto do lago Chad deixou polo menos 5 militares mortos. Sospeitase que o autor do ataque é Boko Haram. : Un ataque, dun grupo de homes en motocicletas, na localidade Shiroro, rexión de Níxer deixou polo menos 10 vítimas mortais e un número indeterminado de reféns. O autor do ataque descoñecese, pero sospeitase de Boko Haram.

Marzo 2 de marzo : Un ataque en Beoga, no distrito de Puncak pertencente a Papúa indonesia deixou polo menos 8 operarios da empresa Telkomsel asasinados por membros do Exército de Liberación Nacional de Papúa Occidental (TPNPB). : Un ataque con explosivos en Queta, deixou 3 mortos e 24 feridos. Os autores do ataque descoñecense.

4 de marzo : Un ataque de xihadistas, desprazados en vehículos todoterreos e motos, contra un cuartel das Forzas Armadas de Malí na localidade de Mondoro, na rexión de Mopti deixou polo menos 46 vítimas mortais, 24 feridas e 19 desaparecidas. Ademais houbo perda de material militar (armas, municións, 21 vehículos militares) debido a súa calcinación por parte dos terroristas. : Un ataque suicida contra un mesquita xiíta de Peshawar, deixou polo menos 56 mortos e 196 feridos. Os autores foron dous homes, un deles foi neutralizado pola policía pero outro inmolouse dentro da mesquita. Cabe destacar que ningunha organización terrorista reclamou o atentado.

6 de marzo : Un ataque contra un autobús militar na zona de Palmira, deixou polo menos 15 mortos e outros 18 feridos. O autor do atentado parece ser que é o Estado Islámico. Con este ataque o número de militares mortos a mans do Estado Islámico, no que levamos de ano, ascende a 61.

7 de marzo : Dous ataques deixaron en total 13 vítimas mortais e 4 feridas. O primeiro ataque produciuse cando un convoi loxístico de MINUSMA explotoulle un artefacto explosivo na rexión de Mopti, deixando 2 mortos e 4 feridos. O segundo acto foron combates na rexión de Gao onde faleceron 11 persoas (2 militares e 9 terroristas) e logrando repeler o ataque. Os autores dos ataques descoñecense.

13 de marzo : Un ataque cunha docena de mísiles balísticos preto do consulado dos EE.UU en Erbil, capital do Kurdistán iraquí non deixou vítimas mortais, nin materiais. Os autores do atentado descoñecense.

16 de marzo : Un camión e un autobús foron atacados na rexión de Tillabéri por homes armados que en total deixaron 21 vítimas mortais e 5 feridas. Sospeitase que os atacantes son xihadistas, debido a presenza na rexión tanto do DAESH como de Al-Qaida.

19 de marzo : Varios ataques contra instalacións petrolíferas en Arabia Saudita. Un ataca afectou a unha planta desilanizadora en Shaqiq, outro afectou as instalacións de Aramco en Yizan, a unha olanta de enerxía en Dhahran al Yanub e por último a unha estación de gas en Jamis Mushait. Os autores dos ataques son os rebeldes hutíes.

20 de marzo : Unha emboscada nos arredores da localidade de Natiaboani, na provincia de Gourma deixou polo menos 13 soldados mortos e 8 feridos. Sospeitase que os autores do ataque foron extremistas islamistas. : Un ataque de homes armados contra a localidade de Kaura,Kaduna deixou polo menos 34 vítimas mortais e un número descoñecido de feridos. Ademais tamén se produciron ataques contra as localidades, do mesmo estado: Tsonje, Agban, Katanga e Kadarko, onde houbo danos materiais.

22 de marzo : Un ataque con coitelo e atropelo nun centro comercial na cidade de Beersheva, deixou 4 mortos e 2 feridos. O autor do ataque foi un beduíno con nacionalidade israelí e foi abatido por un transeúnte no lugar do atentado. Segundo a policía o agresor pertencía ao Estado Islámico.

23 de marzo : Un ataque suicida na localidade de Beledweyne, capital da rexión de Hiran deixou polo menos 48 mortos e 108 feridos. Entre as vítimas mortais encontrase unha deputada, Amina Mohamed Abdi. Ao mesmo tempo, dous terroristas suicidaes intentaron entrar no Aeroporto Internacional de Mogadixo, onde foron abatidos polas forzas somalís e polas forzas de paz da Unión Africana, pero o número de mortos resulto en 6. Ambos ataques foron reivindicados por Al-Shabaab.

24 de marzo : Unha emboscada preto da localidade de Kolmane, na rexión de Tillabéri deixou 6 miliateres mortos, 1 ferido e 1 vehículo militar destruído. Os autores do ataque descoñecense, pero sospeitanse de xihadistas.

25 de marzo : Un ataque con mísis contra as instalacións petrolíferas de Aramaco en Yeda provocou un grande incendio. O ataque foi perpetrado polos rebeldes hutíes.

26 de marzo : Un ataque con explosivos contra un posto policial en Bogotá deixou 1 vítima mortal e 35 feridos. Os autores do atentado descoñecense.

27 de marzo : Un tiroteo na cidade israelí de Hadera, deixou 2 policías mortos e 12 persoas feridas. Os autores do atentado foron dous árabe-israelís que acabaron abatidos pola policía. Máis tarde o ataque foi reivindicado polo Estado Islámico.

29 de marzo : Un tiroteo na cidade ultraortodoxa de Bnei Brak, deixou 5 mortos. O atacante é un palestino de 27 anos que foi abatido pola policía. A organización que reivindicou o ataque foi Al Aqsa Martyrs Brigade.

Abril

7 de abril : Un tiroteo na cidade de Tel Aviv deixou 2 mortos e 15 feridos. O autor do ataque é un palestino que posteriormente foi abatido.

12 de abril : Un tiroteo no metro de Nova York, deixou 23 persoas feridas, 10 delas por bala. O autor do ataque é un home estadounidense de 62 anos que foi posteriormente detido pola policía, e foi acusado de cometer un acto terrorista.

19 de abril : Unha cadea de explosivos en Cabul, afectou a unha escola onde faleceron polo menos 6 vítimas mortais e 24 feridos. O atentado non foi reivindicado. : Un ataque con explosivos no muncipio de Frontino, pertencente ao departamento de Antioquia deixou 6 militares mortos, 5 feridos e 1 desaparecido. As autoridades colombianas atribúen o ataque ao Clan do Golfo.

20 de abril : Un ataque con bomba contra un autobús na cidade de Bursa, deixou 1 mortos e 4 feridos. O ataque non foi reivindicado.

21 de abril : Un atentado contra unha mesquista xiíta da cidade de Mazar-i-Sharif, deixou polo menos 25 mortos e un número descoñecido de feridos. O autor do ataque é o Estado Islámico.

22 de abril : Un ataque con bomba contra unha mesquita e escola na cidade de Imam Saheb, na provincia de Kuduz, deixou 33 mortos e 43 feridos. O ataque non foi reivindicado.

26 de abril : Un terrorista suicida inmolouse nun minibús en Karachi deixando 4 mortos e 2 feridos. A organización que reivindicou o ataque é o Exército de Liberación de Baluchistán.

29 de abril : Un atentado contra unha mesquita de Cabul deixou polo menos 50 vítimas mortais e un número descoñecido de feridos. Ningunha organización reivindicou o atentado.

Maio

6 de maio : Un ataque na cidade ultraortodoxa de Elad, deixou 3 mortos e 4 feridos. O atentado produciuse cando a cidade estaba o Día da Independencia de Israel. Ningunha organización reivindicou o atentado.

7 de maio : Un intento de abortar un ataque terrorista na rexión do Canle de Suez, preto do Sinaí deixou 11 militares mortos e 5 feridos. Os autores do atentado son xihadistas.

Notas

2022 Categoría:2022 Categoría:Listas de historia