Marte Um é un filme brasileiro de 2022 escrito e dirixido por Gabriel Martins. Foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse O filme segue a vida dunha familia de Belo Horizonte. O fillo máis novo, Deivinho, é un adolescente curioso e imaxinativo, que soña con facerse astrofísico e unirse á misión Mars One en 2030 para colonizar o planeta vermello. A súa irmá máis vella Eunice é case adulta. Aínda que cariñosa, enfróntase aos roles da familia tradicional e á idea de permanecer no fogar. Comeza unha relación con outra muller nova e teme dicírllelo aos seus pais, especialmente ao seu anticuado pai, Wellington.

Personaxes Cícero Lucas como Deivinho Carlos Francisco como Wellington Camilla Damião como Eunice Rejane Faria como Tércia Russo Apr como Flávio Robson Vieira como Moisés Tokinho como el mesmo Thiago Cesário como Sandy Ana Hilário como Joana Felipe Santos como Felipe Juan Pablo Sorín como el mesmo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil