Sérgio Buarque de Hollanda (ás veces escrito de Holanda) é un historiador, crítico literario e xornalista brasileiro nado o 11 de xullo de 1902 en São Paulo e finado o 24 de abril de 1982 na mesma cidade. A súa obra ocupa un lugar importante na historiografía brasileira.

Traxectoria Despois de estudar Dereito na Universidade Federal do Río de Xaneiro, que rematou en 1925, pasou a ser xornalista (no Jornal do Brasil ) e despois correspondente en Berlín nos anos 1929-1931. Alí coñeceu a Max Weber, cuxa socioloxía tivo unha grande influencia nel.

De regreso a Brasil, en 1936 converteuse en profesor asistente de Henri Hauser no departamento de historia moderna e contemporánea da Universidade do Distrito Federal de Río (agora Universidade Estadual do Rio de Janeiro). Na época publicou a súa obra máis importante, Raízes do Brasil.

Na década de 1940, ensinou en varias universidades americanas, foi director do Instituto Nacional do Livro, director da Biblioteca Nacional do Brasil e director do Museu Paulista da Universidade de São Paulo (USP) e impartiu clases da historia económica do Brasil na Escola de Sociologia e Política de São Paulo.

Entre 1953 e 1955 ensinou na Universidade La Sapienza de Roma. En 1958, ocupou unha cátedra de Historia da Civilización Brasileira na Universidade de São Paulo e en 1962 dirixiu alí o Instituto de Estudos Brasileiros. Entre 1963 e 1967 ensinou nos Estados Unidos e Chile e participou en misións culturais en asociación coa UNESCO no Perú e Costa Rica.

En 1969, en solidariedade cos seus compañeiros docentes da USP vítimas da AI-5 (véxase Ditadura militar no Brasil), renunciou ao seu cargo, poñendo fin á súa carreira académica. En 1946, participara na creación do Partido Socialista Brasileiro e en 1980 na do Partido dos Traballadores.

Casou con María Amélia Buarque de Hollanda, que foi coautora dalgunha das súas obras e tiveron sete fillos, catro deles son músicos recoñecidos (Chico Buarque, Miúcha, Ana de Hollanda e Cristina Buarque; tamén é avó da cantante Bebel Gilberto.

Obras

Raízes do Brasil, Río de Xaneiro, 1936. UNESCO/Gallimard. Cobra de Vidro, São Paulo, 1944. Monções, Río de Xaneiro, 1945. Expansão Paulista em Fins do Século XVI e Princípio do Século XVII, São Paulo, 1948. Caminhos e Fronteiras, Río de Xaneiro, 1957. Visão do Paraíso. Os edênicos motivos no descobrimento e colonización do Brasil , São Paulo, 1959. Do Imperio a República, São Paulo, 1972. (História Geral da Civilização Brasileira, Tomo II, vol. 5). Tentativas de Mitologia, São Paulo, 1979. Sergio Buarque de Hollanda: História, São Paulo, 1985. O Extremo Oeste, São Paulo, 1986. O espírito e a letra, 2 vol., São Paulo, 1996. Para uma nova história, São Paulo, 2004

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

(PDF) Sérgio Buarque de Hollanda | Thiago Mazucato - Academia.edu

Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Alumnos da Universidade Federal do Río de Xaneiro Categoría:Xornalistas do Brasil Categoría:Historiadores do Brasil