Kansas é unha banda de rock estadounidense que se fixo popular durante a década dos 70 inicialmente en listas de rock orientado aos álbums e posteriormente con exitosos sinxelos como "Carry On Wayward Son" e "Dust in the Wind". O grupo lanzou nove discos de ouro, tres multiplatino (Leftoverture 4×, Point of Know Return 4×, e The Best of Kansas 4×), e outro álbum de estudio platino (Monolith), un álbum dobre ao vivo platino (Two for the Show), e un sinxelo cun millón de vendas, "Dust in the Wind". Kansas apareceu nas listas estadounidenses da Billboard durante máis de 200 semanas nos 70 e 80 e realizou concertos en grandes estadios con todas as entradas vendidas en América do Norte, Europa e o Xapón. "Carry On Wayward Son" foi a segunda canción máis reproducida na radio de rock clásico estadounidense en 1995 e a primeira en 1997.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloKansas1974Kirshner RecordsSong for America1975Kirshner RecordsMasque1975Kirshner RecordsLeftoverture1976Kirshner RecordsPoint of Know Return1977Kirshner RecordsMonolith1979Kirshner RecordsAudio-Visions1980Kirshner RecordsVinyl Confessions1982Epic Records/Kirshner RecordsDrastic Measures1983Epic Records/Kirshner RecordsPower1986MCA RecordsIn the Spirit of Things1988MCA RecordsFreaks of Nature1995Magna Carta RecordsAlways Never the Same1998Magna Carta RecordsSomewhere to Elsewhere2000Magna Carta RecordsThe Prelude Implicit2016Inside Out MusicThe Absence of Presence2020Inside Out Music
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Kansas Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de arena rock Categoría:Grupos musicais formados en 1973