Lorenzo Arrazola García, nado en Checa (provincia de Guadalajara) o 10 de agosto de 1797 e finado en Madrid o 23 de febreiro de 1873Algunha fonte afirma que faleceu en maio deste mesmo ano., foi un político, avogado, xuíz e catedrático español.
Traxectoria De orixe humilde, cursou estudos de latín, francés, retórica e xeografía grazas á axuda dun tío seu, corrixidor da vila de Benavente. Seguiu os seus estudos de Filosofía e Teoloxía no Seminario de Valderas. A continuación loitou na guerra da independencia, en terras de Galicia. Tras rematar a guerra pasou a estudar Xurisprudencia na Universidade de Valladolid, na que se doutorou e obtivo unha cátedra, chegando a ser o seu reitor.
Presentouse as eleccións de 1835, con 38 anos, sendo elixido procurador e en 1837 foi tamén designado deputado a Cortes por Valladolid, deixando a un lado a avogacía e a ensinanza na universidade. Os seus principios ideolóxicos asentáronse, dende o primeiro momento no Partido Moderado.
Foi ministro de Estado e despois Presidente do Consello de Ministros, sendo retirado deste cargo poucos días despois de chegar ao posto. Tamén foi xuíz privativo da Canle de Castela (1835) e presidiu o Supremo Tribunal de Graza e Xustiza. Desde o 23 de decembro de 1848 foi senador vitalicioCarpeta e relación de documentos da súa alta como senador, ata 1868Ficha do Senado de Lorenzo Arrazola. En 1872 presentouse ao Senado pola provincia de Burgos, acadando a acta o 4 de maio deste anoCertificado de admisión no Senado en 1872.
Publicou a Enciclopedia Española de Derecho y Administración.
Notas
Outras referencias Bibliografía
Categoría:Políticos de Castela-A Mancha Categoría:Nados en 1797 Categoría:Nados en Checa Categoría:Finados en 1873 Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Académicos da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas