Georg Wilhelm Freyreiss, nado en Frankfurt o 12 de xullo de 1789, e finado en Nova Viçosa, Brasil, o 1 de abril de 1825, foi un naturalista alemán.
Traxectoria Como naturalista asistente viaxou a Río de Xaneiro en 1813 con Grigory Langsdorff, a quen acababan de nomear cónsul ruso no Brasil. Alí reuniuse con Lorentz Westin, o cónsul xeral sueco-noruegués, quen lle subministrou os medios necesarios para que Freyreiss viaxase e explorase o interior do país. Co xeólogo Wilhelm Ludwig von Eschwege, visitou varios lugares de Minas Gerais, durante os cales, coleccionou numerosos exemplares ornitolóxicos, entomolóxicos e botánicos.Pedro Luís Rodriues de Moraes, Sofie de Smedt & Matsh Jertson (2014): "Notes on the Brazilian plants collected by Georg Wilhelm Freyreiss" . Harvard Papers in Botany 19 (1): 123–132. PDF.Freyreiss, Georg Wilhelm (1789-1825) JSTOR Global Plants.
Desde agosto de 1815, xunto con Friedrich Sellow e o príncipe Maximilian zu Wied-Neuwied, recolleu exemplares de historia natural na provincia de Baía para varias institucións europeas. En 1818 foi nomeado profesor de zooloxía na Universidade Federal do Río de Xaneiro.Freyreiß, Georg Wilhelm en Allgemeine Deutsche Biographie.
En 1824 publicou Beiträge zur näheren Kenntniss des Kaiserthums Brasilien ("Contribucións ao coñecemento do Imperio do Brasil").Most widely held works about Georg Wilhelm Freyreiss en WorldCat Identities.
Outra obra atribuída a Freyreiss é Reisen in Brasilien (Viaxe polo Brasil), un libro sobre o Brasil que se publicou moitos anos despois da súa morte (en 1968).
Honores Epónimos Os taxons co epíteto específico freyreissii honran o seu nome, sendo exemplos as especies botánicas Ophryosporus freyreissii e Paepalanthus freyreissii.
Abreviatura A abreviatura Freyr. úsase para recoñecer a como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.Freyr. – Georg Wilhelm Freyreiss (1789-1825) no IPNI.
Notas
Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Profesores da Universidade Federal do Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1789 Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Finados en 1825 Categoría:Personalidades sen imaxes