2 centavos de dólar "2 Cents "Union Shield"". Numista.com265pxA/: Escudo nunha coroa vexetal, cun pergamiño co lema dos EEUU. Data. Lendas: IN GOD WE TRUSTR/: valor facial nunha coroas de espigas. Nome do país. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / 2 CENTS Datas: 1864-1873 Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: James Barton Longacre. Aliaxe: cobre (95%), e estaño e cinc (5%). Diámetro: 23,00 mm. Peso: 6,22 g. Espesor: 1,8 mm. Canto: liso.
A moeda de 2 centavos de dólar estadounidense é unha moeda de bronce con ese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia entre 1864 e 1873.
O seu deseñador e gravador foi o daquela gravador xefe da Casa da Moeda, James Barton Longacre.
A axitación económica da guerra civil estadounidense fixo que as moedas emitidas polo Goberno, mesmo a dun centavo Indian Head, cuñado en cuproníquel, desaparecesen da circulación ao seren acumuladas pola poboación. Cumpría dotar o sistema de máis circulante de valores pequenos. O grosor do centavo facía que á Ceca de Filadelfia lle resultase difícil a súa cuñaxe, polo que tanto os seus responsables como a Comisión de Ensaios dos Estados Unidos recomendaron a substitución da moeda. Malia a oposición dos que querían manter o níquel na aliaxe, o Congreso aprobou a Lei da moeda de 1864, que por unha banda modificaba os centavos para seren cuñados en bronce e cun menor grosor, e por outra autorizaba a nova moeda de 2 centavos, tamén de bronce.
Aínda que en principio foi moi popular, pola ausencia doutras moedas federais en circulación, o lugar da moeda de 2 centavos na circulación foise ocupando por outras moedas cuñadas en metais básicos que o Congreso aprobou posteriormente: a moeda de tres centavos e a de cinco centavos. As tiraxes da moeda de 2 centavos fóronse reducindo cada ano, ata que finalmente foi cancelada mediante a promulgación da Lei da Moeda de 1873. Moitos exemplares foron trocados polo Goberno e outros moitos foron refundidos na Casa da Moeda.
Antecedentes En 1806, o senador por Connecticut Uriah Tracy xa propuxera a creación dunha moeda de 2 centavos, xunto con outra de vinte centavos. Consonte a idea daquela imperante de que as moedas debían conter o seu valor en metal, o proxecto de lei de Tracy establecía en principio que a moeda de 2 centavos fose de billón —aliaxe de prata pobre— e a de 20 centavos de prata. O director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Robert Patterson, opúxose ao proxecto de lei aducindo que sería difícil refinar a prata das moedas de 2 centavos no caso de seren posteriormente fundidas. Aínda que a proposta de Tracy foi aprobada no Senado en dúas ocasións, en 1806 e 1807, non o conseguiu na Cámara de Representantes.Taxay, D. (1983) . Páxina 141. miniatura|260x260px|Proba non adoptada para unha moeda de 2 centavos de dólar (1836)."Auction#1184. Lot #3908: 1836 Two Cents Pattern". Heritage Auctions. 25 de abril de 2013."2 Cents "1836" Pattern; billon". Numista.com A Casa da Moeda tamén considerou a posibilidade de emitir unha moeda de 2 centavos en 1836, e mesmo chegaron a cuñarse algunhas probas realizadas polo segundo gravador, Christian Gobrecht, e polo fundidor e refinador, Franklin Peale. Proxectábase que esta nova moeda fose tamén de billón e incluíuse unha disposición relativa a ela nos primeiros borradores da Lei da Moeda de 1837, aínda que a proposta se abandonou cando Peale demostrou que podería ser falsificada con facilidade.Taxay, D. (1983) . Páxina 232.
Ata 1857, a moeda dun centavo era unha moeda grande de cobre, que contiña aproximadamente o seu valor nominal en metal. Estas moedas non eran moi populares e en 1857, logo de recibir a aprobación do Congreso, a Casa da Moeda comezou a emitir un novo centavo cunha aliaxe de cobre e níquel —o centavo Flying Eagle—, cun diámetro menor, o mesmo que o do actual centavo Lincoln, aínda que máis groso ca este.Snow, R. (2009). Páxinas 7, 9.Yeoman, R. S. (2017). Páxinas 113-117. Estas moeda circulou con facilidade e, aínda que foi substituída polas súas dificultades de cuñaxe en 1859 polo centavo Indian Head, non desapareceu da circulación ata que a poboación comezou a acumular as moedas federais en gran parte dos Estados Unidos en 1861 e 1862, durante a axitación económica da guerra civil. Isto sucedeu porque a poboación do Norte temía que se a guerra ía mal, o papel moeda e os bonos do Estado poderían perder o seu valor. O baleiro xerado encheuse, entre outras cousas, coa emisión de fichas privadas, ás veces de cuproníquel, que se aproximaban ao tamaño dun centavo, e ás veces con pezas máis delgadas de cobre.Carothers, N. (1930). Páxina 191-192. miniatura|121x121px|Ficha privada do tamaño dun centavo, emitida durante a guerra civil."Civil War Token - Our Little Monitor". Numista.com Os funcionarios da Casa da Moeda eran conscientes desta situación e cando en 1863 intentaron restablecer a circulación das moedas, considerouse o uso de moedas de bronce, sen níquel, que non conterían o seu valor nominal en metal. No seu informe anual presentado o 1 de outubro de 1863, o daquela director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, James Pollock, sinalaba que "en tanto que a xente espera un valor completo nas súas moedas de ouro e de prata, só quere a moeda inferior [de metal común] por comodidade para pagar cantidades exactas".Taxay, D. (1983) . Páxinas 239-240. Pollock observou que as fichas privadas dun centavo contiñan en metal só a quinta parte do seu valor nominal e, mesmo así, seguían utilizándose. Xa que logo, propuxo substituír o centavo de cuproníquel por unha moeda de bronce do mesmo tamaño e deseño.Taxay, D. (1983) . Páxina 232. Pollock pretendía eliminar completamente o níquel como metal de cuñaxe, xa que as súas aliaxes duras estragaban os cuños e a maquinaria.Carothers, N. (1930). Páxina 196.
Inicio O 8 de decembro de 1863, Pollock escribiulle ao secretario do Tesouro, Salmon P. Chase, para lle propor a modificación da moeda dun centavo e a creación doutra de 2 centavos, e xuntoulle modelos desta última, que fixera preparar.Radeker, W T. (1991). Páxina 1.740. Segundo o numismático Neil Carothers, o máis probable é que se propuxese unha moeda de dous centavos para pór en circulación a maior cantidade de moeda miúda no menor tempo posible, xa que a Casa da Moeda podía cuñar unha peza de 2 centavos coa mesma facilidade que unha dun centavo.Carothers, N. (1930). Páxina 200.
Proceso lexislativo O 2 de marzo de 1864, Pollock escribiu con urxencia a Chase para o avisar de que a Casa da moeda estaba a quedar sen níquel e que a demanda de centavos estaba no seu punto máis alto. Tamén informou o secretario de que a Comisión de Ensaios dos EEUU recomendara o uso do bronce francés —95% de cobre, co 5% restante de estaño e cinc— como metal para a cuñaxe do centavo e da nova peza de dous centavos.Carothers, N. (1930). Páxinas 196-197. Tres días despois, Chase envioulle ao senador de Maine William P. Fessenden, presidente da Comisión de Finanzas do Senado, a carta de Pollock do 8 de decembro, xunto co proxecto de lei para a aprobación de ambas as moedas de bronce. Fessenden non tomou ningunha decisión inmediata. O 16 de marzo, Pollock escribiu novamente a Chase e díxolle que a ceca pública estaba a piques de quedar sen níquel, gran parte do cal era xa importado. Chase reenvioulle esta carta ao senador Fessenden. Finalmente, foi o senador por New Hampshire Daniel Clark quen presentou o proxecto de lei, o 22 de marzo. Durante a súa tramitación léronse as cartas de Pollock, que quizais fosen determinantes, xa que o Senado aprobou o proxecto de lei sen debate.
A subministración nacional de níquel procedía naquela época dunha mina de Gap, en Pensilvania, propiedade de Joseph Wharton. O 19 de marzo, Pollock escribiu ao secretario do Tesouro, Chase, para lle facer saber que xa non dispuña de máis níquel nos seus almacéns nin había ningún dispoñible no estranxeiro, e xa que logo "estamos encerrados na subministración doméstica de Wharton".Carothers, N. (1930). Páxina 197.
Oposto á eliminación do níquel do centavo, Wharton publicou un panfleto en 1864 no que propuña a cuñaxe de moedas de 1, de 2, de 3, de 5 e de 10 centavos cunha aliaxe dunha parte de níquel e tres de cobre, o que supuña duplicar a porcentaxe de níquel no centavo, no canto de eliminalo. Malia estes esforzos de Wharton, o 20 de abril unha comisión da Cámara de Representantes deulle vía libre ao proxecto de lei. A esta aprobación opúxose Thaddeus Stevens, de Pensilvania, representante da zona mineira na que Wharton extraía o seu níquel. Segundo Stevens, Wharton gastara 200.000 dólares para desenvolver a súa mina e para mellorar a maquinaria de refinaxe do mineral, e consideraba inxusto privalo do maior uso do seu metal: "Debemos destruír toda esa empresa porque ao cuñar con outro metal o Goberno pode aforrar máis diñeiro?"Taxay, D. (1983) . Páxinas 241-242. Ademais, Stevens argumentou que a aliaxe de cobre e níquel para o centavo fora aprobada polo Congreso, e a nova aliaxe, á que el se referiu como "latón", amosaría a oxidación. Esta opinión foi rebatida polo congresista por Iowa John A. Kasson, presidente da Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da Cámara de Representantes, dicindo que a aliaxe de bronce non se parecía ao latón e que non podía apoiar a proposta de que o Goberno estea obrigado a comprar a un provedor polo feito de que gastara diñeiro con base nunha previsión de vendas.Taxay, D. (1983) . Páxina 242.
O proxecto de lei foi aprobado tamén polo pleno da Cámara de Representantes e o 22 de abril de 1864 e foi asinado polo presidente Abraham Lincoln, para o converter na Lei da Moeda de 1864.Texto da Lei da Moeda de 1864. Memory.loc.gov Consonte esta norma, tanto a nova versión da moeda dun centavo como a nova de 2 centavos terían curso legal ata a cantidade dez unidades, e o Goberno non as trocaría por xunto.Carothers, N. (1930). Páxina 205. A mesma lei tamén prohibiu a circulación das fichas privadas que estaban a circular con valores de 1 e de 2 centavos e no mesmo ano o Congreso acabou con todas as emisións dese tipo.Carothers, N. (1930). Páxina 195. A nova norma non permitía a redención dos anteriores centavos de cuproníquel; o seu redactor fora Pollock, quen esperaba que os dereitos de señoriaxeA señoriaxe é a diferenza entre o valor nominal das moedas e o custo da súa produción. da emisión das novas moedas axudasen a financiar as operacións da Casa da Moeda, e non quería que se visen reducidos pola retirada das antigas pezas.Carothers, N. (1930). Páxina 199.
Pola súa banda, os intereses de Wharton víronse en parte salvagardados pola aprobación dun proxecto de lei para a creación dunha moeda de 3 centavos en 1865 e outra de 5 centavos en 1866, ambas cuñadas na aliaxe proposta por el.Taxay, D. (1983) . Páxinas 243-244.Yeoman, R. S. (2017). Páxina 135.
Deseño