Meiro é un lugar da parroquia de Bueu (San Martiño de Fóra), no concello pontevedrés de Bueu na comarca do Morrazo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 324 habitantes (163 homes e 161 mulleres).
Cultura Eventos Con carácter anual, a Asociación Cultural Meiro vén celebrando o Encontro degustación Millo Corvohttp://www.millocorvo.com/ . Trátase dunha festividade declarada de interese turístico https://www.cultura.gal/gl/evento/88759/549/109060, que xira derredor da posta en valor deste cultivo tradicional, histórica e culturalmente vencelledo ao propio lugar de Meiro.
Durante a mesma, ademais de diversas actividades gastrónomicas (degustación de diferentes pratos elaborados a base deste millo), organízanse charlas (sobre etnografía, cultura tradicional, folclore), xogos populares, diversas demostracións (muiñadas, baile tradicional, etc. ) e concertos.
Lugares e parroquias Lugares de Bueu (San Martiño de Fóra)
Parroquias de Bueu
Notas
Categoría:Lugares de Bueu