Brenda González Fernández, coñecida como Brenda Mondelo, nada no Seixo (Pedrafita do Cebreiro) o 17 de decembro de 1994, é unha xornalista e poeta galega.

Traxectoria Estudou ata os seis anos no CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel. No ano 2001 mudouse a vivir a Lugo, quedando ó coidado de seus avós e foi alumna do Colexio Divino Maestro de Lugo, onde comezou a mostrar interese pola literatura en galego. Graduouse en Xornalismo e Ciencia Política pola Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid.

Ocupou o segundo lugar na lista do Bloque Nacionalista Galego para as eleccións municipais de 2023 no concello de Pedrafita do Cebreiro. Eleccións municipais nas que o Partido dos Socialistas de Galicia obtivo os sete concelleiros que constituían a corporación municipal.

Obra Poesía

Obras colectivas

Premios XXXV edición do Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2022, por Neve. Certame de poesía (Re)inventando Xela Arias no 2021, por A crise das marabillas. 1º Premio, Categoría B - Poesía, XXVII Certame Literario Xoán Díaz, por O espello de Celia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 13x13px

Categoría:Nados en Pedrafita do Cebreiro Categoría:Nados en 1994 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Políticos do BNG Categoría:Alumnos da Universidade Rei Xoán Carlos Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón