Barbijaputa é o pseudónimo dunha escritora, columnista, tuiteira e activista social española. Mantén oculta a súa identidade, a súa firma apareceu por primeira vez publicada nun blog e deuse a coñecer masivamente nun perfil na rede social de Twitter creado en 2009 no que trata diversos aspectos de actualidade do feminismo e a política. Nos seus artigos denuncia abertamente actitudes machistas na sociedade que non escapan á controversia.

Traxectoria Mantén en segredo a súa identidade máis alá de que é muller, nada en Andalucía, que traballou como auxiliar de voo en Tenerife, que residiu en Madrid, e que vive en Andalucía.

Autodefínese como:... unha moza anónima que se fai eco das novas que considera oportunas cando o cre oportuno e dá a súa opinión libremente na súa conta de Tuiter. Direi máis ou menos parvadas, acertarei algunhas veces, equivocareime outras. Pero sobre todo, intento aprender e agudizar o pensamento crítico, cousa que Tuiter favorece. Poderei perder os papeis e saírme de ton tantas veces como ovule, queira, sinta e crea necesario. A quen non lle guste (perfectamente comprensible) pode deixar de seguirme, pero sempre recordando que non lle debo reembolsar ningún diñeiro, nin dar explicacións, nin pedirlle perdón. Tamén pode volver a seguirme, non lle cobrarei.

O pseudónimo de "Barbijaputa" foi creado durante a súa residencia en Tenerife cando traballaba como auxiliar de voo e ó non ter amigos alí crea un blog persoal coa única intención de comunicarse. A razón inicial do anonimato era evitar que as críticas a súa empresa lle carreasen o despido.

En 2009 iniciouse na rede social Twitter co mesmo pseudónimo, e do mesmo modo que facía no seu blog comenta a actualidade facendo denuncia do machismo na sociedade de maneira politicamente incorrecta. A súa popularidade creceu cun gran número de seguidores e detractores, converténdose nunha persoa con influencia para o feminismo nas redes sociais en español no exenta de polémica.

Iniciou a súa colaboración na prensa dixital, sendo o seu traballo máis importante ata a data de columnista en eldiario.es.

En 2015 comezou o seu traballo como escritora sendo o seu primeiro libro publicado El planeta Lilaverdía, libro de poesía infantil no que substitúe o seu pseudónimo por Lula Libe.

En 2016 publicou a novela La chica miedosa que fingía ser valiente muy mal, a cal foi levada ó teatro, e en 2017 publicou o ensaio Machismo, 8 pasos para quitárselo de encima, nos que anima a matar o machismo. Ambos co pseudónimo de Barbijaputa e cuxa temática principal é o feminismo, o machismo e o heteropatriarcado.

En 2016 foi distinguida co Premio a la Comunicación no Sexista en medios dixitais polo seu blog en eldiario.es da Asociación de Mujeres Periodistas de Cataluña (ADPC).

En 2018 iniciouse no mundo do podcast estreando Radiojaputa.

Ten colaborado como columnista en distintos medios de información dixital entre eles La Marea, eldiario.es, Pikara Magazine e tamén mantén un podcast en Público.

Contra a misoxinia e o fascismo Nos seus libros e artigos destaca a denuncia da misoxinia e como habitualmente a mirada da sociedade establece un amplo nivel de tolerancia contra a violencia estrutural contra as mulleres. Tamén denuncia como a loita pola liberación da muller é usada e terxiversada constantemente polos movementos conservadores, fascistas e racistas.

Despois de "Machismo. 8 pasos de quitártelo de encima" publicado en 2018 dedicado ó cuestionamento de comportamentos machistas e á reflexión sobre como modificar condutas que non só prexudican ás mulleres senón que afectan a toda a sociedade, en 2019 publicou o libro Nadie duerme, no que se relata a historia dun grupo de mulleres dispostas a liberar o seu país do partido fascista que goberna e que ten atemorizada a poboación, sobre todo ós sectores femininos, LGTB e migrantes, mediante o colectivo FFR (Fronte Feminista Revolucionaria), cuxas integrantes son anónimas.

Andrea Martín Rivas, en Distopía o realidad?, valorou Nadie duerme do seguinte xeito:

Publicacións (usa o pseudónimo "Lula Libé")https://www.mujeresaseguir.com/social/noticia/1103907048615/los-comentarios-machistas-son-fuente-de-inspiracion.1.html

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Twitter Categoría:Escritores de España Categoría:Feministas de España Categoría:Personalidades de Internet