miniatura|363x363px|Con lixeiras variantes, o deseño de James Longacre da moeda de 20 dólares Liberty Head estivo vixente entre 1850 e 1907.Yeoman, R. S. (2014). Páxinas 275-278. A moeda de 20 dólares Liberty Head (coñecida tamén como dobre aguia Liberty Head) é unha moeda de ouro co valor facial de 20 dólares, cuñada entre 1850 e 1907 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, deseñada polo seu gravador xefe James B. Longacre e caracterizada pola representación da cabeza da Liberdade no seu anverso.
A moeda de maior valor facial das autorizadas pola Lei da Moeda dos Estados Unidos de 1792 foi a de 10 dólares de ouro (ou aguia, en inglés eagle), mais a gran cantidade de ouro que se transportaba cara ao leste logo da descuberta deste metal en California na década de 1840 fixo que o Congreso tomase en consideración a idea de crear novas moedas de ouro non previstas naquela lei. O resultado foron o dólar de ouro e a dobre aguia ou moeda de 20 dólares.
Logo de considerables loitas internas na Ceca de Filadelfia, o gravador xefe James B. Longacre encargouse do deseño da nova moeda de 20 dólares, que comezou a producirse para a circulación en 1850 —coñécese tamén un único exemplar dunha proba con data de 1849, conservado na Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, do Instituto Smithsoniano—.
O éxito da nova moeda foi incuestionable, e tanto os comerciantes como os bancos utilizárona adoito no comercio. Mantívose en produción ata 1907, cando foi substituída por un novo modelo deseñado por Augustus Saint-Gaudens, e moitas foron fundidas posteriormente, cando o presidente Franklin D. Roosevelt retirou as moedas de ouro da circulación en 1933.
Antecedentes Consonte a Lei da Moeda de 1792,"Coinage Act of April 2, 1792". United States Mint. as moedas de ouro autorizadas nos Estados Unidos foron a de 10 dólares (ou eagle), a de 5 dólares (half eagle) e a de 2½ dólares (quarter eagle).Breen, W. (1988). Páxina 548.Garrett, J. & Guth, R. (2008). Páxina xi. A conxuntura económica facía que parte da produción de ouro saíse fóra dos Estados Unidos entre finais do século XVIII e principios do século XIX, e o tamaño da moeda de 10 dólares resultaba conveniente para o seu uso nas transaccións comerciais internacionais.Bowers, Q. D. (2001). Páxinas 57-61. Para non correr o perigo de que a maior parte das moedas dese valor acabasen saíndo do país, o daquela director da Casa da Moeda dos EEUU, Elias Boudinot, ordenou a paralización da súa produción en 1804.Taxay, D. (1983) . Páxina 125. En 1838 retomouse a cuñaxe dos 10 dólares, logo de que o Congreso revisase o peso e a lei das moedas de ouro estadounidenses. Esta nova aguia cuñouse cos deseños de Christian Gobrecht, que era un dos gravadores da Casa da Moeda.
En 1836, o xornal de Filadelfia Public Ledger propuxo a creación de dúas novas moedas de ouro, unha dun dólar e outra de 20 dólares. Sobre esta última, podíase ler no xornal:Taxay, D. (1983) . Páxina 201.
Outros percibiron tamén a conveniencia dunha moeda de ouro estadounidense de gran tamaño para a utilizar nas transaccións comerciais internacionais, xa que ata entón moitos comerciantes se vían obrigados a utilizar neses casos as moedas españolas e hispanoamericanas de oito escudos.Winter, D. & Fuljenz, M. (1999) . Páxina vii.
Percorrido lexislativo miniatura|James Iver McKay (1792-1853), representante de Carolina do Norte, promotor da creación da moeda de 20 dólares."James J. [i.e. I.] McKay, Representative from North Carolina". Library of Congress. A proposta da creación dunha moeda de ouro de 20 dólares non se tomou en consideración oficialmente ata que, ao xurdir a febre do ouro de California en 1848, aumentou considerablemente a cantidade dispoñible deste metal nos Estados Unidos.Taxay, D. (1983) . Páxina 202. O aumento da oferta de ouro fixo que as moedas de prata comezasen a valer máis polo seu metal do que indicaba o seu valor nominal, o que entre outras cousas provocou que se exportasen masivamente. Isto xerou o apoio popular para que a moeda de ouro pasase a ocupar o seu lugar no comercio. A cantidade de ouro fixo tamén que fose desexable a creación dunha moeda superior á de 10 dólares, para aumentar a eficacia da conversión do ouro en moeda.Hobson, W. (1971). Páxina 116. En xaneiro de 1849, o congresista por Carolina do Norte James Iver McKay modificou un proxecto de lei que presentara anteriormente no que solicitaba a creación do dólar de ouro, para pedir que se emitise tamén a moeda de 20 dólares. Para tal efecto escribiulle ao entón director da Casa da Moeda dos EEUU, Robert M. Patterson, quen lle contestou: "non pode haber outra obxección á aguia dobre salvo que non sexa necesaria. Será unha moeda atractiva, cun tamaño entre o do medio dólar e o do dólar [de prata]".
Preocupado pola probable oposición dos whigs ao proxecto de lei sobre a moeda, McKay conseguiu que o seu compañeiro demócrata o senador por New Hampshire Charles Atherton, presidente do Comité de Finanzas do Senado, presentase o proxecto de lei nesa cámara o 1 de febreiro de 1849. McKay presentou unha versión do proxecto de lei na Cámara de Representantes o 20 de febreiro e os debates comezaron ese mesmo día. O dólar de ouro foi atacado co argumento de que tería que ser demasiado pequeno, e a moeda de 20 dólares co de que se desgastaría moito na circulación e acabaría alixeirando o seu peso. McKay non contestou dun xeito taxativo, mais declarou que se ninguén quería esas novas moedas, non se solicitarían á Casa da Moeda e non se cuñarían.Taxay, D. (1983) . Páxina 203.
O representante whig por Pensilvania Joseph Ingersoll pronunciouse en contra do proxecto de lei e asegurou que o director Patterson se opuña ás novas moedas. Ingersoll declarou que unha moeda de 20 dólares resultaría "duplicada en tamaño e cun peso sen parangón". No entanto, á hora das votacións o proxecto de lei foi aprobado por ambas as cámaras cunha ampla marxe e o presidente James Knox Polk converteuno en lei coa súa sinatura o 3 de marzo de 1849."Act of March 3, 1849". United States Mint.Taxay, D. (1983) . Páxina 204. Segundo o numismático David Lange, "a dobre aguia era unha moeda bancaria destinada a simplificar as transferencias de grandes sumas entre institucións financeiras e entre nacións".Lange, D. W. (2006). Páxina 75.
Preparación A lei pola que se autorizaba a creación do dólar de ouro e da moeda de 20 dólares precipitou o conflito na Ceca de Filadelfia, onde tanto os funcionarios como o seu cuñador xefe, Franklin Peale, eran na súa maior parte parentes e amigos do director Patterson. A figura en discordancia era o gravador xefe,Formalmente: "gravador da Casa da Moeda dos Estados Unidos en Filadelfia"; daquela non tiña gravadores axudantes a tempo completo. Máis tarde, o cargo pasou a denominarse "gravador xefe". Véxase Bowers, Q. D. (2004). Páxina 25. James B. Longacre,Taxay, D. (1983) . Páxinas 205-206. sucesor de Gobrecht —que finara en 1844—. Longacre, antigo gravador de pranchas de cobre, fora nomeado grazas á influencia política do senador de Carolina do Sur John C. Calhoun.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 56. Patterson desprezaba a Calhoun e Longacre carecía de apoios na Casa da Moeda. A maior parte das tarefas propias de Peale como cuñador xefe levábaas a cabo o seu predecesor, Adam Eckfeldt, que continuaba ocupándose delas mesmo despois da súa xubilación.Taxay, D. (1983) . Páxina 183. Así as cousas, Peale dedicaba o seu tempo libre a un negocio privado de fabricación de medallas, utilizando para iso as instalacións públicas e os equipamentos da Casa da Moeda, entre eles o seu pantógrafo Contamin.Bowers, Q. D. (2004). Páxina 26. Este dispositivo, utilizado por Peale para as súas medallas, precisábase para reducir os modelos dos novos deseños ao tamaño das moedas, a partir dos cales se podían facer os cuños de traballo.Snow, R. (2009). Páxina 222. En tanto que non se necesitasen novos deseños de moedas, os cuños podían producirse mecanicamente, sen utilizar o aparello Contamin.Breen, W. (1988). Páxina 476. Aínda que pertencía ao seu departamento, Longacre non utilizara moito este dispositivo ata que o Congreso ordenou que se cuñasen as dúas novas moedas.Taxay, D. (1983) . Páxina 206. miniatura|James Barton Longacre (1794-1869), gravador xefe da US Mint, autor dos deseños da moeda de 20 dólares."James Barton Longacre". National Portrait Gallery. Smithsonian Institution. Cando Longacre comezou a traballar nas dúas novas moedas de ouro a principios de 1849, non tiña axudantes. Primeiro completou o traballo para a preparación do dólar de ouro, ansioso por demostrar que podería crear o deseño dunha moeda. En maio solicitoulle a Patterson que contratase un novo gravador para que lle axudase, ao que o director se negou, disposto a contratar o traballo de gravado fóra da Casa da Moeda. Isto contrariou a Longacre, que era, consonte a lei, o responsable da correcta execución dos cuños, e non quería converterse un simple supervisor dun traballo externo.
Mentres Longacre traballaba no deseño da moeda de 20 dólares, segundo o numismático Walter Breen, "Peale, coa aprobación tácita de Patterson, comezou a acosalo".Breen, W. (1988). Páxina 562. Longacre preparou un gran modelo da nova moeda en cera e recibiu instrucións de darllo a Peale para que o utilizase na preparación dun galvano de metal, que podería ser utilizado no pantógrafo. Mais a operación fallou e o modelo de Longacre acabou destruído.Taxay, D. (1983) . Páxinas 206-207. Porén, Longacre fixera un molde do seu modelo en xeso e puido utilizalo na máquina. O cuño de aceiro resultante tivo que ser endurecido no departamento de Peale e, como dixo o propio Longacre, "por desgraza, partiuse no proceso".Taxay, D. (1983) . Páxina 207. Consonte o historiador numismático Don Taxay, "a adopción por parte de Peale dun proceso que non se utilizaba normalmente na Casa da Moeda, xunto cos seus catastróficos fallos, parecen algo máis que unha coincidencia".Taxay, D. (1983) . Páxina 207, n. 5.
Longacre emprendeu un terceiro intento para a creación dos cuños e viuse obstaculizado non só pola obstinada oposición de Peale, senón tamén polo deficiente alumamento e polos fumes nocivos que entraban no seu obradoiro da Ceca de Filadelfia. Un amigo seu, o gravador de Nova York Charles Cushing, conseguiu que Peter F. Cross axudase a Longacre a producir as matrices e os cuños. Cross gravou o primeiro cuño do anverso entre novembro e decembro de 1849, baixo a dirección de Longacre, e este encargouse persoalmente do reverso. O 22 de decembro de 1849, o director Patterson escribiulle ao secretario do Tesouro, William M. Meredith, para lle comunicar que os cuños estaban rematados; envioulle unha cuñaxe de mostra e pediulle que, se aprobaba a peza, llo comunicase o antes posible para posibilitar o inicio da produción masiva de dobres aguias en 1849. Antes de recibir unha resposta, Peale opúxose o 24 de decembro, queixándose de que o relevo da cabeza da Liberdade era tan alto que as pezas cuñadas coa maquinaria a vapor da Ceca de Filadelfia non poderían resaltar completamente o deseño —a moeda enviada a Meredith fora cuñada á man nunha prensa para medallas—. Ademais, Peale alegou que a moeda tiña un relevo tan alto que as moedas non poderían amorearse. Patterson envioulle a carta de Peale a Meredith o 25 de decembro, indicando que tal situación supuña que se produciría un longo atraso.
miniatura|165x165px|A cabeza da Liberdade, tomada dun centavo de cobre, similar á do anverso dos 20 dólares.