Badaladas a medianoite (en ) é un filme hispano-suízo de 1966 dirixido e protagonizado por Orson Welles. Estreouse nos Estados Unidos baixo o título Chimes at Midnight e na maior parte de Europa como Falstaff. A trama da película céntrase no personaxe recorrente de William Shakespeare Sir John Falstaff e na relación pai-fillo que mantén co Príncipe Hal, quen debe escoller entre a lealdade ao seu pai, o rei Henrique IV, ou Falstaff.
Welles dixo que o núcleo da historia do filme era "a traizón á amizade". Está protagonizada por Welles como Falstaff, Keith Baxter como Príncipe Hal, John Gielgud como Henrique IV, Jeanne Moreau como Doll Tearsheet e Margaret Rutherford como Mistress Quickly. O guión contén texto de cinco obras de Shakespeare; principalmente Henry IV, Part 1 e Henry IV, Part 2, mais tamén Richard II, Henrique V e The Merry Wives of Windsor. A narración de Ralph Richardson está tomada dos traballos do cronista Raphael Holinshed.
Personaxes
Orson Welles como Sir John Falstaff Keith Baxter como Príncipe Hal John Gielgud como Henrique IV Margaret Rutherford como Mistress Quickly Jeanne Moreau como Doll Tearsheet Alan Webb como Justice Shallow Walter Chiari como Justice Silence Michael Aldridge como Pistol Tony Beckley como Ned Poins Charles Farrell como Bardolph Patrick Bedford como Nym José Nieto como Conde de Northumberland Keith Pyott como Lord Chief Justice Fernando Rey como conde de Worcester Norman Rodway como Henry Percy Marina Vlady como Kate Percy Andrew Faulds como conde de Westmorland Jeremy Rowe como Príncipe Xoán Beatrice Welles como paxe de Falstaff Fernando Hilbeck Andrés Mejuto Julio Peña Ralph Richardson como o narrador (voz) Ingrid Pitt como cortesá (sen acreditar)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Filmes de 1966 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes dirixidos por Orson Welles Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes rodados en Barcelona Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes de 1966 con versión en galego