O roncador (Pomadasys incisus) é unha especie de peixe da familia dos hemúlidos e da orde dos perciformes.
Distribución xeográfica Habita no Mediterráneo occidental e o Atlántico oriental, desde o Estreito de Xibraltar até Angola. Nas Baleares abunda máis na Baía de Palma.FishBase (en inglés)
Morfoloxía Os machos poden alcanzar os 50 cm de lonxitude total. O corpo é oval e comprimido lateralmente. A cabeza é grande, longa e corresponde a un terzo da lonxitude total. Os ollos son grandes. A boca é pequena e oblicua. Presenta unha fenda na aleta dorsal entre os raios duros e os brandos. As aletas pectorais encóntranse á mesma altura que as pelvianas. A aleta caudal é escotada. O dorso é amarelo con tons grises. O ventre é prateado. Ten unha mancha negra no opérculo.Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier: Peixos de les Illes Balears. Editorial Moll, Palma de Mallorca, maio de 2000. Manuals d'introducció a la naturalesa 13, Plana 164. ISBN 84-273-6013-4
Hábitat É demersal e mantense preto do litoral, até 50 m de profundidade, en fondos rochosos e areentos. Pode encontrarse en covas con fondos de area.
Comportamento É gregario e forma cardumes moi numerosos. Emite sons cando roza os ósos farínxeos, de xeito que a vexiga natatoria actúa como amplificador.Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier: Peixos de les Illes Balears. Planes 164-165.
Alimentación Come invertebrados pequenos do bentos.
Reprodución A reprodución dáse no verán.Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier: Peixos de les Illes Balears. Plana 165.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Helfman, G., B. Collette e D. Facey: The diversity of fishes. Blackwell Science, Malden, Massachusetts, U.S.A. 1997. Moyle, P. e J. Cech.: Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, U.S.A.: Prentice-Hall. 2000. Nelson, J.: Fishes of the World, 3a. edición. New York, U.S.A.: John Wiley and Sons. Ano 1994. Roux, C., 1990. Haemulidae. p. 783-788. A J.C. Quero, J.C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2. Wheeler, A.: The World Encyclopedia of Fishes, 2a. edición, Londres: Macdonald. 1985.
Ligazóns externas ITIS (en inglés) Catalogue of Life (en inglés) UNEP-WCMC Species Database (en inglés) AQUATAB.NET
Categoría:Perciformes Categoría:Peixes do océano Atlántico