BT-4 é a designación dun motor foguete desenvolvido por IHI Aerospace e usado polas naves HTV e Cygnus.
Características O motor BT-4 usa hidracina e tetróxido de nitróxeno como propelentes, inxectados a presión na cámara de combustión. Foi desenvolvido orixinalmente para ser usado na sonda LUNAR-A, finalmente cancelada. Úsase tamén nos buses de satélites A2100 e GeoStar-2. O propulsor foi deseñado baseándose no sistema de control de actitude do foguete N-1, unha versión dos foguetes Delta construída baixo licenza no Xapón nos anos 1970.
Notas
Véxase tamén Outros artigos HTV Cygnus A2100 GeoStar-2
Categoría:Motores foguete