A final da Copa do Xeneralísimo de fútbol 1958/59 foi a 57ª final desde a creación da competición. Tivo lugar o 21 de xuño de 1959 no estadio Santiago Bernabéu, en Madrid, e foi disputada entre o Barcelona e o Granada. O Barcelona levantou o trofeo por 14ª vez na súa historia, tras gañar por 4-1.

Antecedentes Foi a 18ª final de Copa do FC Barcelona, que contaba naquel momento con 13 títulos no seu haber. Regresaba a unha final dous anos despois da última, cando derrotara ao Espanyol no estadio de Montjuïc na final da edición de 1957. O Granada, pola contra, disputaba por primeira vez e única vez na súa historia unha final.

O Barcelona chegou á final despois de eliminar a Murcia, Sporting de Gijón, Betis e Real Madrid, e goleou por senllos 6-0 a asturianos e andaluces. O Granada pola súa banda deixou no camiño a Elche, Cádiz, Plus Ultra e Valencia, conseguindo tamén amplas goleadas, como un 8-1 sobre o Elche e un 6-0 sobre o Cádiz.

A final

Detalles do partido

Aliñacións Barcelona:PO EstremsDF OlivellaDF RodriDF GraciaCC GensanaDI Segarra (c.)DI TejadaDI KocsisDI Eulogio MartínezDI Luis SuárezDI VillaverdeAdestrador: Helenio HerreraGranada:PO PirisDF BecerrilDF Vicente (c.)DF LarrabeitiCC RamoníCC PellejeroDI VázquezDI CarranzaDI LorenDI BenavídezDI ArsenioAdestrador: Jenő Kalmár

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Datos da final en BDFutbol .

1958 Categoría:Fútbol en 1959 Categoría:Partidos do FC Barcelona Categoría:Granada CF