Elisa Holopainen, nada en Tuusniemi o 27 de decembro de 2001, é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo que xoga como á esquerda. Na tempada 2026-27 xogará nas New York Sirens da Professional Women's Hockey League (PWHL).

Traxectoria Na tempada 2022-23 xogaba no KalPa de Kuopio da Naisten Liiga, equipo ao que regresou logo de pasar unha tempada en K-Espoo.

Na tempada 2024-25 trasladouse a Gotemburgo (Suecia), onde defendeu a camisola do Frölunda HC da SDHL. Na súa primeira tempada na liga sueca Holopainen conseguiu o Casco Dourado, sendo a vez que unha xogadora recibiu máis apoios na votación para a elección da receptora do recoñecemento.

Selección finlandesa Holopainen ten xogado na selección finlandesa, coa que conseguiu a medalla de prata no Campionato do Mundo de 2019 e dúas pratas no Campionato do Mundo de 2021 e no torneo olímpico de 2022 celebrado en Beijing. Ademais gañou o bronce coa selección finlandesa sub-18 no Campionato do Mundo sub-18 de 2019. Recoñecementos

Kultainen kypärä (2023)

Kultainen kypärä (2024)

Guldhjälmen (2025)

Notas

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados na rexión de Savonia do Norte Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos de Finlandia Categoría:Xogadoras de KalPa Naiset Categoría:Xogadoras de Kiekko-Espoo Naiset‎ Categoría:Xogadoras do Frölunda HC Dam Categoría:Gañadoras do Trofeo Katja Riipi Categoría:Gañadoras do Trofeo Riikka Nieminen Categoría:Gañadoras do Casco Dourado Categoría:Xogadoras do New York Sirens