Australolacerta australis é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos eremiadinos, a única do xénero Australolacerta.Australolacerta Arnold, 1989 no GBIF. Consultado o 2 de outubro de 2022.Australolacerta Arnold, 1989 na BioLib. Consultada o 2 de outubro de 2022.

Taxonomía Descrición Tanto o xénero como a especie foron descritos en 1989 polo herpetólogo británico Edwin Nicholas Arnold, encargado da sección de herpetoloxía do Museo de Historia Natural de Londres, no seu traballo: "Towards a phylogeny and biogeography of the Lacertidae: relationships within an old-world family of lizards derived from morphology". Bulletin of the British Museum, Natural History (Zoology) 55 (2): 209-257.

Etimoloxías O nome científico Australolacerta está formado pola unión dos elementos Australo- e -lacerta. O primeiro deriva do latín australis, localización orientada cara ao sur, meridional (o contrario de boreal), e o segundo do latín lacerta, "lagarto".

O epíteto específico, australis tamén está tomado do latín australis.

Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido a especie coñceuse tamén polos sinónimos: Lacerta australis Hewitt, 1926 Lacerta australis Fitzsimons, 1943 Lacerta australis Haacke, 1982 Australolacerta australis Branch, 1993 Australolacerta australis Edwards et al., 2013

Distribución É unha especie endémica do Cabo Occidental, Suráfrica.Australolacerta australis en The Reptile database. Cansultada o 2 de outubro de 2022.

Características e historia taxonómica Co traslado de Lacerta rupicola ao xénero Vhembelacerta, foi necesario un rediagnóstico de Australolacerta. A monofilia deste xénero monotípico estableceuse sobre a base dunha serie de marcadores nucleares e mitocondriais. Morfoloxicamente é máis próximo a Vhembelacerta, e pódese distinguir de todos os demais lacértidos pola seguinte combinación de características: cabeza moderadamente deprimida, corpo debilmente deprimido, SVL (medida morfométrica tomada en herpetoloxía desde a punta do fociño até a abertura máis posterior da fenda cloacal) de 50 a65 mm, máximo 70 mm; a extremidade posterior dprimida chega ao colo; a cola é cilíndrica; os escudos de cabeza son normais, cos superiores lisos; a rexión occipital é plana; o fociño aacba en punta, e é máis curto que a parte postocular da cabeza; a fosa nasal está perforada entre a nasal e unha ou dúas posnasais, coas nasais en contacto entre si detrás da rostral.

Ameazas Actualmente non hai grandes ameazas para esta especie.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie atópase en varias zonas das montañas do Cabo Occidental, onde está restrinxida a altitudes moi altas (>750 m, coa maioría dos rexistros en lugares por riba dos 1 400 msnm), e en lugares de altas precipitacións, e aínda que está escasamente distribuída nun rango estreito cunha extensión de aparicións relativamente moderada (uns 9 000 km<sup>2</sup>), gran parte da área está protexida formalmente, e hai poucas ameazas antrópicas para o seu hábitat, cualifica o status sa especie como LC (pouco preocupante).Cunningham, M. J., Tolley, K. & Turner, A. A. (2018): Australolacerta australis na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 2 de outubro de 2022.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bates, M. F., Branch, W. R., Bauer, A. M., Burger, M., Marais, J., Alexander, G. J. and de Villiers, M. S., eds. (2014): Atlas and Red List of the Reptiles of South Africa, Lesotho and Swaziland. Suricata 1. Pretoria: South African National Biodiversity Institute. ISBN 978-1-9199-7696-9. Edwards, S., Branch, W. R., Vanhooydonck, B., Herrel, A., Measey, G. J. & Tolley, K. A. (2013): "Taxonomic adjustments in the systematics of the southern African lacertid lizards (Sauria: Lacertidae)". Zootaxa 3669 (2): 101–114. Hewitt, J. (1926): "Some new or little-known reptiles and batrachians from South Africa". Annals of the South African Museum 20: 473–490.

Outros artigos Lacértidos Lacertilios

Categoría:Réptiles