Luciana de Simoni, nada en Frascati, Roma Capital, o 24 de marzo de 1957, é unha gravadora, medallista e deseñadora de moedas italiana.
Traxectoria Logo do seu ensino secundario, Luciana de Simoni cursou estudos artísticos no Instituto Nacional de Arte Silvio d'Amico, no que se graduou en 1976 na súa sección de Ourivaría. Alí aprendeu as técnicas da estampaxe, a fundición a cera perdida e a elaboración de xoias, que despois perfeccionou nun obradoiro de artesanía."Luciana de Simoni ". Officine Incisorie (http://www.officineincisorie.it)"Luciana de Simoni". Mebnet.altervista.org
En 1978 ingresou na Academia de Belas Artes de Roma para cursar estudos de Escultura, baixorrelevo e gravado calcográfico. Nesa mesma época asistiu tamén á Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado, onde desenvolveu as súas habelencias de gravado de medallas con buril. miniatura|133x133px|Moeda de 500 liras de 1999, conmemorativa das eleccións ao Parlamento Europeo. Logo de gañar un concurso en 1982, foi contratada no centro filatélico do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, e en 1987 pasou á sección de gravado de medalla e moeda, onde comezou a dedicarse profesionalmente a elaborar estes produtos.
Obra De Simoni é autora dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano, a República de San Marino e Tonga.Catálogo de moedas deseñadas por De Simoni. Numista.com
Entre as súas obras máis populares está o anverso nacional italiano da moeda de 2 céntimos de euro."2 Euro Cent". Numista.com
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados na provincia de Roma Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades sen imaxes