10 francos Mathieu "10 francs Mathieu". fr.numista.com"10 Francs". Colnect.com130x130px129x129pxA/: Mapa de Francia coas iniciais RF entrelazadas no centro. Sinatura do gravador (Mathieu). Data e marcas de ceca no exergo. Lendas: RÉPUBLIQUE • FRAÇAISE R/: guindastres, torres e edificios. Valor facial nunha fita central horizontal. Lendas: 10 FRANCS Período: 5ª República Francesa. Datas: 1974-1987. Ceca: Monnaie de Paris. Deseñador: Georges Mathieu. Metal: cuproníquel-aluminio. Diámetro: 26,01 mm. Peso: 10, 00 g. Espesor: 2,54 mm. Canto: LIBERTE EGALITE FRATERNITE.
Os 10 francos Mathieu son unha moeda francesa de cuproníquel-aluminio con valor facial de dez francos franceses emitida entre 1974 e 1987, con carácter circulante, chamada así por estar deseñada polo artista francés Georges Mathieu.
Esta moeda foi substituída en 1988 polos 10 francos Xenio da Liberdade, máis manexables, polo seu inferior peso e tamaño.
Moeda circulante Mathieu escolleu como motivo do anverso o mapa estilizado, radiante e con estrelas arredor da capital, París, cun monograma composto polas iniciais RF ("République Française") no medio e rodeado por unha inscrición co nome do país. No exergo, a ambas as beiras da data, engádense como marcas de ceca unha cornucopia e un golfiño.
No reverso amósase un conxunto de guindastres, torres, cables, estruturas e edificios a modo de representación estilizada da Francia industrial.
O canto é liso e coa inscrición LIBERTE EGALITE FRATERNITE, intercalada cunha póla de loureiro, outra de oliveira e unha espiga. Este canto achégalle á moeda unha peculiaridade, xa que nalgunhas moedas se pode ler correctamente co anverso cara a arriba e noutras co reverso cara a arriba.
Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar, emitida unicamente no primeiro ano (1974). Trátase dunha tiraxe reducida a 7.300 exemplares, cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras pequenas no campo do reverso, no cuarto superior esquerdo."10 Francs (Essai)". Colnect.com
Tiraxes anuais DataExemplares197422.347.500197559.012.5001976104.092.5001977100.027.103197897.590.000DataExemplares1979110.000.000198080.000.000198124.000198245.800DataExemplares198384.400198439.988.000198529.988.000198749.981.000
Emisións especiais noutros metais Ademais da súa emisión ordinaria, destinada á súa posta en circulación, existen outras diversas versións desta moeda con tiraxes moi reducidas, con idéntico deseño e cuñadas en metais diferentes, algunhas delas tamén en verión piéfort, é dicir co dobre de grosor e de peso."10 francs mathieu". Colnect.com
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094
Outros artigos
Monnaie de Paris Franco francés Moeda de 10 francos Xenio da Liberdade Moeda de 10 francos Léon Gambetta Moeda de 10 francos Victor Hugo Moeda de 10 francos Conquista do Espazo Moeda de 10 francos Montesquieu Moeda de 10 francos Roland Garros
Categoría:Moedas de 10 francos franceses