Hernando Pizarro, nado en Trujillo (Estremadura) en 1502 e finado na mesma vila 1578, foi un conquistador español.

Traxectoria Loitou en Italia con seu pai, pasou ó Perú co seu irmán Francisco Pizarro e os seus outros irmáns Juan e Gonzalo e participou nas primeiras accións da conquista do Imperio Inca. Nomeado gobernador de Cuzco foi detido por Diego de Almagro ata que Francisco conseguiu a súa liberdade, a partir diso foi un dos que máis fomentaron a rivalidade entre Francisco e Almagro, a quen mandou decapitar despois da batalla de las Salinas (1538), regresou a España e estivo preso no Castelo da Mota por darlle morte a Almagro.

Categoría:Exploradores Categoría:Nados en 1502 Categoría:Finados en 1578 Categoría:Nados en Trujillo, Cáceres