Wolfram Weiser, nado en Mönchengladbach o 5 de maio de 1954 e finado en Colonia o 6 de febreiro de 2022, foi un numismático alemán.
Traxectoria Wolfram Weiser cursou o seu ensino secundario no Arndt-Gymnasium de Krefeld, no seu Estado natal, e logo de concluír o seu servizo militar realizou os seus estudos superiores de Historia, Economía, Latín e Grego na Universidade de Colonia. En 1982 acadou o seu doutoramento cunha tese acerca das moedas bitinias de bronce de Nikaia durante o Imperio Romano,Offermann, B.; Breternitz, P. "Prof. Dr. Wolfram Weiser verstorben". Numismatische Gesellschaft Kölner Münzfreunde. Febreiro de 2022. baixo a dirección de Reinhold Merkelbach.Möller-Weiser, D. (2022).
O primeiro interese das súas investigacións posteriores seguiron a ser as emisións monetarias da Asia Menor e do Oriente de fala grega na Antigüidade, aínda que tamén se ocupou intensamente na cuñaxe de moeda romana en Occidente e en diversos aspectos na numismática posterior á Antigüidade. Tamén ten varios centrados acerca das emisións do emperador Póstumo en Colonia.
En 1997 foi nomeado profesor honorario de Historia Antiga, cunha énfase especial na umismática, na Universidade de Colonia.
Recoñecementos
(1999): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional."GIG-Ehrenpreisträger". Ehrenpreis der Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
Publicacións Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Wolfram Weiser ao longo da súa carreira:"Weiser, Wolfram ". Digital Library Numis."Weiser, Wolfram". WorldCat Identities."Weiser, Wolfram". Regesta Imperii.
Monografías
(1983). Katalog der Alexandrinischen Kaisermünzen der Sammlung des Instituts für Altertumskunde der Universität zu Köln. Westdeutscher Verlag, Opladen. Vol. 4: Claudius Gothicus - Bleimünzen. ISBN 978-3531099170 Vol. 5: Indices zu den Bänden 1-4. ISBN 978-3531099187 (1983). Katalog der Bithynischen Münzen der Sammlung des Instituts für Altertumskunde der Universität zu Köln. Band 1: Nikaia – mit einer Untersuchung der Prägesysteme und Gegenstempel. Westdeutscher Verlag, Opladen. ISBN 978-3531099194 (1995). Katalog Ptolemäischer Bronzemünzen der Sammlung des Instituts für Altertumskunde der Universität zu Köln. Westdeutscher Verlag, Opladen. ISBN 978-3531099378
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Möller-Weiser, D. "Prof. Dr. Wolfram Weiser (1954-2022"). En Münzen Woche. 17 de febreiro de 2022.
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Mönchengladbach Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Alumnos da Universidade de Colonia Categoría:Profesores da Universidade de Colonia Categoría:Personalidades sen imaxes