Norsjö é un municipio sueco (kommun) do condado de Västerbotten. A súa capital é Norsjö. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 3 968 habitantes.

Na súa maior parte a paisaxe consiste en morena cuberta de bosque e con áreas pantanosas no medio. Tamén hai bosque que forma a base da economía local onde domina a industria da madeira.

Dende a fundación do municipio a tendencia de poboación vén sendo fortemente negativa. Nas eleccións de 2010 e 2014 os socialdemócratas obtiveron sendas maioría absolutas, e tras as eleccións de 2018 gobernan e coalición co Vänsterpartiet.

Administración histórica A área do municipio correspóndese coa da parroquia de Norsjö, onde se fundou o concello rural do mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

O 3 de maio de 1935 estableceuse a localidade municipal de Norsjö, e o 30 de outubro de 1936 a de Bastuträsk. Ámbolos dous disolvéronse en 1952/1953.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, cando nos condados de Västerbotten e Norrbotten permaneceron como estaban.

O muncipio de Norsjö fundouse coa refoma municipal de 1971 a través da transformación do concello rural de Norsjö. En 1974 incorporouse o concello de Malå, pero este volveu a separarse en 1983 constituíndose como un municipio de seu.

Dende o seu nacemento o concello está incluído no partido xudicial de Skellefteå.

Xeografía O concello atópase no norte do condado de Västerbotten e limita ao norte co concello de Arvidsjaur, en Norrbotten, ao leste co de Skellefteå, ao sur cos de Vindeln e Lycksele, e ao oeste co de Malå.

Topografía e hidrografía Os sistemas de lagos e ríos reflicten a dirección de fractura noroeste-sueste do leito rochoso. Na maior parte a paisaxe do concello está formada de morena cuberta de bosque con áreas de turbeiras no medio. As zonas con morena son montañosas, especialmente a parte suroeste ao redor do lago Stor-Raggsjön. Hai depósitos glaciares no val que vai desde o Bastuträsk a través de Bjurträsk e Fromheden e máis aló ao longo do val do Malån. O río Skellefteälven atravesa a zona norte do municipio, e cuxo val está formado en parte por sedimentos de gran fino.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västerbotten