miniatura|250px|Cerca de Eureka, California miniatura|250px|Pito acabado de nacer miniatura|250px|Na illa de St. Paul (Illas Pribilof) Calidris ptilocnemis é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1873 polo cirurxián, historiador e ornitólogo estadounidense Elliott Coues, baixo o nome de Tringa ptilocnemis.Coues, Elliot (1875) : "A Report Upon the Condition of Affairs in the Territory of Alaska". Washington: U.S. Government Printing Office, p. 182. Footnote.

Etimoloxías Para a do xénero, ver Calidris.

O epíteto específico, ptilocnemis, está formado polos elementos ptilo- e -cnemis, tirados das voces do grego antigo πτίλον ptílon, "pluma" e κνἠμη knḗmē, "perna", "pata", respectivamente.Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.

Sinónimo Tringa ptilocnemis Elliot, 1873.

Nota taxonómica Antigamente a especie estaba clasificada dentro do xénero Erolia,Peters, James Lee, ed. (1934): Check-List of Birds of the World. Vol. 2. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, p. 285.Committee on Classification and Nomenclature (1973): "Thirty-Second Supplement to the American Ornithologists' Union Check-List of North American Birds". Auk 90 (2): 411-419. pero hoxe sitúase con outras 23 especies no xénero Calidris, que fora creado en 1804 polo naturalista alemán Blasius Merrem. Merrem, Blasius (8 de xuño de 1804): "Naturgeschichte". Allgemeine Literatur-Zeitung 168 Col. 542. (Publicado anonimamente).Gill, Frank; Donsker, David & Rasmussen, Pamela, eds. (Xullo de 2021): "Sandpipers, snipes, coursers". IOC World Bird List. Versión 11.2. Unión Ornitolóxica Internacional.

Subespecies Actualmente (2022) recoñécense as 44 subespecies seguintes:Calidris ptilocnemis (Coues, 1873) na BioLib. Consultada o 4 de setembro de 2022. Calidris ptilocnemis couesi (Ridgway, 1880) Calidris ptilocnemis ptilocnemis (Coues, 1873) Calidris ptilocnemis quarta (Hartert, 1920) Calidris ptilocnemis tschuktschorum (Portenko, 1937)

Hábitat e distribución O seu hábitat de cría é tundra ártica, nas costas do Pacífico, en Alasca, as illas Aleutianas e as Pribilof; tamén se reproducen en Kamchatka e nas illas Kuriles.Ruthrauff, D. R.; Dekinga, A.; Gill Jr, R. E. & Piersma, T. (2018): "Energetic solutions of Rock Sandpipers to harsh winter conditions rely on prey quality". Ibis 160 (2): 397–412.

Características Os adultos teñen as patas curtas e de cor amarela, o pico é de tamaño mediano, delgado e de cor escura. O corpo é escuro nas partes superiores cun brillo lixeiramente violáceo nas inferiores, que son principalmente brancas. Ten o peito manchado de gris, e a grupa negra. A subespecie das illas Pribilof mostra un parche negro no ventre.

Bioloxía A parella reprodutora adoita ser monógama, con vínculos de parella que poden durar varios anos.

Aniñan no solo, xa sexa nn lugar elevado sobre as rochas ou nn lugar baixo e húmido. Tanto o macho como a femia asumen a responsabilidade da incubación dos ovos.

Estas aves migran en inverno cara ao sur, até as costas rochosas do Pacífico libres de xeo.

Aliméntanse nas costas rochosas e comen principalmente insectos, moluscos, vermes mariños, e tamén algo de materia vexetal. A miúdo comen coa auga que lles chega até o peito, nadando nalgunhas ocasións.

Estado de conservación Esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerable baixo o criterio do tamaño da área de distribución, e a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerable baixo o criterio de tendencia da poboación. O tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerable segundo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos a especie é avaliada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2018): Calidris ptilocnemis na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 4 de setembro de 2022.

Notas

Véxade tamén

Bibliografía J. del Hoyo, A. Elliott & J. Sargatal (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. BirdLife International, Cambridge, Reino Unido e Lynx Edicions, Barcelona. España. ISBN 978-8487-334-20-7.

Outros artigos Caradriformes Escolopácidos Calidris

Ligazóns externas

Categoría:Escolopácidos