Gävle é un municipio sueco (kommun) do condado de Gävleborg. A súa capital é a cidade de Gävle, que tamén é a capital do condado.
O municipio é o 18º con máis poboación de Suecia (2024) e o de máis poboación do condado de Gävleborg con 103 838 habitantes.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Hamrånge, Hedesunda, Hille e Valbo. Nesas parroquias fundñaronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862. Dentro da zona estaba tamén a cidade de Gävle que en 1863 fundou un concello urbano.
A reforma municipal de 1952 no afectou a ningunha das divisións da zona.
No ano 1969 incorporáronse á cidade os concelos rurais de Hamrånge, Hedesunda e Hille. O municipio de Gävle formouse coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Gävle e do concello rural de Valbo.
Xeografía Gävle está situado no leste do landskap de Gästrikland e esténdese ao longo de toda a costa de Gästrike (Gästrikekusten). O concello limita ao sueste cos municipios de Älvkarleby e Tierp, e ao sur co de Heby, os tres no condado de Uppsala. Ao oeste limita cos concellos de Sandviken e Ockelbo, e ao norte co de Söderhamn, no condado de Gävleborg. O río Gavleån, que atravesa Gävle, e o río Dal no sur do concello, flúen en dirección oeste-leste cara a baía de Gävle e o golfo de Botnia.
Topografía e hidrografía O municipio atópase por debaixo da liña de costa máis alta (högsta kustlinjen), o nivel ao que o mar alcanzou o seu punto máis alto durante a idade de xeo. O leito rochoso está formado pola cordilleira sueco-carelia e as rochas superficiais consisten en rochas metavolcánicas e metasedimentarias. Na área de Gävle-Sandviken hai un arenito de cor vermelloamarelo a vermello da idade xotniana que é coñecido como Gävlesandsten. Dende o río Skärjån ata Gävle a costa é aberta, pero fóra de Gävle hai dúas baías relativamente pouco profundas. No arquipélago de Gävle atópase a idílica illa estival de Limön, que xa no século XIX era un destino de excursións.
Os cursos de auga Gavleån, que atravesa Gävle, e Dalälven, na parte sur do municipio, desembocan en dirección oeste-leste á baía de Gävle e ao mar de Botnia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Páxina de información turística
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Gävleborg