Javier Wegmüller Redondo, nado en Caracas en 1958, é un empresario e nobre galego, duodécimo conde de San Javier e Casa Laredo.

Traxectoria Fillo da santiaguesa María del Carmen Redondo e do suízo Hansrüdi Wegmüller, herdou o condado de San Javier e Casa de Laredo en 2006, logo do falecemento da nai, a undécima condesa. Casou coa comunicadora luguesa Pilar Ónega e estableceu o seu enderezo en Lugo. O herdeiro é o seu primeiro fillo, Javier Wegmüller Riera.

Foi impulsor e primeiro presidente do corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia.

Notas

Categoría:Nobres de Galicia Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1958