Ruby Dee, nada en Cleveland (Ohio) o 27 de outubro de 1922 e finada en New Rochelle (Nova York) o 11 de xuño de 2014, foi unha actriz, poeta, dramaturga, guionista, xornalista e activista polos dereitos civís estadounidense.
Dee estivo casada con Ossie Davis, co que traballou frecuentemente ata a morte del en 2005.Oscar-Nominated Actress Ruby Dee Dies at 91 Carmel Dagan. Variety. 12 de xuño de 2014. Consultado o 30 de marzo de 2016
Traxectoria Dee naceu en Cleveland, Ohio,"Ruby Dee marks 90th birthday with new documentary about her illustrious life with late husband Ossie Davis", New York Daily News, 13 de novembro de 2012. filla de Gladys (de solteira Hightower) e de Marshall Edward Nathaniel Wallace, cociñeiro, camareiro e porteiro. Despois de que a nai abandonase a familia, o pai volveu casar, con Emma Amelia Benson, mestra de escola.
Dee creceu en Harlem, Nova York. Antes de asistir á Hunter College High School, estudou nas escolas públicas 119 e 136. Posteriormente graduouse no Hunter College cun grao en linguas románicas en 1945. Foi membro de Delta Sigma Theta.Delta Sigma Theta website
Dee uniuse ao American Negro Theatre como aprendiz e traballou con Sidney Poitier, Harry Belafonte e Hilda Simms. Fixo varias aparicións en Broadway, como o seu primeiro papel nunha produción de 1946 de Anna Lucasta. O seu primeiro papel na pantalla foi en That Man of Mine ese mesmo ano, e recibiu recoñecemento nacional polo seu papel no filme de 1950 The Jackie Robinson Story. En 1965, Dee actuou en papeis principais no American Shakespeare Festival como Kate en The Taming of the Shrew e como Cordelia en O rei Lear, converténdose na primeira actriz negra nun papel protagonista nese festival. A súa carreira interpretativa cubriu todos os medios durante oito décadas, incluídos os filmes A Raisin in the Sun, en que recreou o papel que interpretou no teatro, e Edge of the City, ambos con Poitier.
Dee foi candidata a oito premios Emmy, e gañou un polo seu papel no telefilme de 1990 Decoration Day. Tamén foi candidata pola aparición nun episodio de China Beach, "Skylark", en que tamén actuaba o seu marido Ossie Davis. Tamén participou nos filmes de Spike Lee Do the Right Thing e Jungle Fever.
En 1995, Dee e Davis recibiron a National Medal of Arts.Lifetime Honors – National Medal of Arts Tamén se lles outorgaron os Kennedy Center Honors en 2004. En 2007 compartiron o Grammy ao mellor álbum falado por With Ossie and Ruby: In This Life Together co expresidente Jimmy Carter.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas1946 That Man of Mine Joan 1947 Easy to GetMedical Movies on the Web Drugstore girl Filme sobre enfermidades venéreas do exército estadounidense The Fight Never Ends Jane1948 What a Guy 1950 The Jackie Robinson Story Rae Robinson No Way Out Connie Brooks Sen acreditar1951 The Tall Target Rachel 1954 Go, Man, Go! Irma Jackson 1957 Edge of the CityLucy Tyler 1958 St. Louis Blues Elizabeth Virgin Island Ruth1959 Take a Giant Step Christine 1961 A Raisin in the Sun Ruth Younger1963 The Balcony Thief Gone Are the Days! Lutiebelle Gussie Mae Jenkins1967 The IncidentJoan Robinson 1968 Up Tight! Laurie 1970 King: A Filmed Record... Montgomery to Memphis Documental1972 Buck and the Preacher Ruth Black Girl Netta's Mother1973 Wattstax 1976 Countdown at Kusini Leah Matanzima 1982 Cat People Female 1989 Do the Right Thing Mother Sister1990 Love at Large Corrine Dart1991 Jungle Fever Lucinda Purify 1993 Color Adjustment Narradora Documental Cop and a Half Rachel 1994 The Stand Mother Abagail Freemantle1995 Just Cause Evangeline1996 Mr. & Mrs. Loving Sophia1997 A Simple Wish Hortense 1998 A Time to Dance: The Life and Work of Norma Canner Narradora Documental1999 Baby Geniuses Margo 2003 Beah: A Black Woman SpeaksEla mesmaDocumental2006 No. 2Nanna Maria The Way Back HomeMaude 2007 All About Us Ms. Ella American Gangster Mama Lucas Steam Doris 2009 The Perfect Age of Rock 'n' Roll Miss Candy2010 Dream Street Laura 2011 Video GirlValerie Politics of Love Grandma 'Estelle' Roseanne Gupta Red & Blue Marbles Professor June Wright 2012 Long Distance Revolutionary: A Journey With Mumia Abu-Jamal A Thousand Words Annie McCall 2013 Betty & Coretta Narrator 1982 Rose Brown
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Life's Essentials with Ruby Dee Archive of American Television interview Ruby Dee en Internet Off-Broadway Database Ruby Dee's oral history video excerpts at The National Visionary Leadership Project Discografía en Smithsonian Folkways
Categoría:Nados en Cleveland, Ohio Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas polos dereitos humanos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade da Cidade de Nova York