Adrián Morgade Valcárcel, nado en Pontevedra o 23 de marzo de 1990, é un autor de banda deseñada e ilustrador galego.

Traxectoria Estudou Ilustración na Escola Picasso da Coruña e tamén o grao de Deseño Gráfico na mesma escola.

Obra

Xinfu na maldición guauchuky (2017). Vigo: Xerais. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-281-2. Historia de superheroes cos cans coma protagonistas. Xinfu. Múxel Attacks (2022). Vigo: Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9121-608-7. ePub: ISBN 978-84-1110-114-1. Os mesmos heroes coa cidade de Pontevedra de fondo.

Ilustrador

Los Suaves. Mi casa es el rock 'n' roll (2014). De Javier Domínguez Álvarez. Vigo: Xerais. 432 páxs. ISBN 978-8499147550. Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba (2018). De Antonio Díaz Ageitos. Vigo: Xerais. 200 páxs. ISBN ‎978-84-9121-430-4.

Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Nados en 1990