Dobrón Brasher (Brasher Doubloon). 1787 "Doubloon - Ephraim Brasher New York". Numista.com170x170px170x170pxA/: Orto do Sol sobre cumio dunha montaña. O mar en primeiro plano e ao seu pé: BRASHER. Lenda: NOVA EBORACA COLUMBIA EXCELSIORR/: Aguia con ás despregadas e cun escudo no peito. Feixe de setas e póla de oliveira nas poutas. Trece estrelas aos lados da cabeza. Data no exergo. Marca de gravador: EB. Lenda: UNUM E PLURIBUS Valor: 8 escudos españois (16 reais de oito). Data de emisión: 1887 Ceca: Nova York Gravador: Ephraim Brasher. Metal: Ouro (90 %), prata (8 %) e cobre (2 %). Diámetro: 28,6 mm. Peso: 26,66 g.
O dobrón Brasher (en inglés: Brasher Doubloon) é unha moeda de ouro estadounidense datada en 1787, emitida de xeito privado por Ephraim Brasher en Nova York co valor de 8 escudos españois ou 16 reais de oito.
Historia En 1787 Ephraim Brasher (1744-1828),"Ephraim Brasher". American Silvermiths. un reputado ourive e prateiro que tiña amizade con George Washington e que traballara como ensaiador para a Casa da Moeda de Filadelfia, presentoulle ao Estado de Nova York unha solicitude para cuñar moeda miúda de cobre, e esta solicitude foi rexeitada. Daquela, Brasher xa gozaba dunha boa consideración polas súas habelencias profesionais e o seu selo —que non só estampaba nas súas propias pezas, senón noutras que lle enviaban para que as ensaiase— era moi prestixioso nas primeiras épocas dos Estados Unidos. Máis adiante, Brasher cuñou varias moedas de cobre, ademais dunha pequena cantidade de moedas de ouro xa no propio 1787."1787 Brasher Doubloon". Coin-Gallery.com
As primeiras destas moedas de ouro non eran máis ca reproducións das moedas españolas de oito escudos cuñadas na Ceca de Lima, pero máis adiante Brasher decidiu facer os seus propios deseños. Neste contexto xurdiu o coñecido como dobrón Brasher, co mesmo valor e as mesmas características métricas que os oito escudos españois, equivalentes a 16 reais de oito —que nas colonias inglesas en América se coñecían como Spanish dollars—. Hoxe consérvanse unicamente sete espécimes desta mítica moeda.
A nomenclatura de "dobrón" (doubloon) pode resultar confusa. Nun principio a este valor chamábaselle "dobre dobrón" (double doubloon), partindo da moeda de dous escudos, polo que se lle aplicaba á moeda de catro escudos o nome de "dobrón". Finalmente, á gran moeda de oito escudos acabou por chamárselle "dobrón español" (Spanish doubloon).Kelly, Patrick (1821). "The Universal Cambist and Commercial Instructor [...]". Londres. Páxina 319.
O dobrón Brasher está considerada como unha das moedas máis raras e caras do mundo. Cando o comerciante de mondas B. Max Mehl a ofreceu no seu catálogo de venda da colección James Ten Eyck en 1922, sinalou:"Auction 1201. Lot 5100: 1787 DBLN Brasher Doubloon". Heritage Auctions. 9 de xaneiro de 2014.
Deseño miniatura|249x249px|Exemplar do Dobrón Brasher da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, exposto no Museo Nacional de Historia Americana, en Washington. Brasher creou o seu dobrón cunhas especificacións métricas idénticas ás das moedas de oito escudos colonaiis españois da ceca de Lima, mais cun deseño totalmente novo:
Anverso: o anverso do dobrón Brasher parece estar inspirado no escudo do Estado de Nova York. No interior dun aro de puntos amósase un Sol erguéndose por riba dunha montaña, co mar en primeiro plano e o apelido de Brasher escrito en letras maiúsculas pequenas baixo as ondas. Arredor deste conxunto está inscrita a lenda NOVA EBORACA COLUMBIA EXCELSIOR, con cada palabra separada por unha roseta. Nova Eboraca fai referencia a Nova York, Columbia a América, e a palabra Excelsior ("superior", "máis alto") segue a ser o lema do Estado de Nova York."Brasher-Dublone". En Muenzen-Online. 23 de maio de 2018. Reverso: nesta face, inspirada no Gran selo dos Estados Unidos, amósase, no interior dunha coroa vexetal, unha aguia coas súas ás despregadas que sostén na súa gadoupa esquerda un feixe de frechas e na dereita unha póla de oliveira. Hai trece estrelas que rodean a cabeza da aguia, que representan as Trece Colonias. Rodea este conxunto a lenda UNUM E PLURIBUS ("Un entre moitos") e no exergo vese a data entre rosetas. A marca distintiva de Brasher, as letras EB no interior dun óvalo, pódese ver en ocasións na á dereita da aguila e noutros exemplares no seu peito.
Presenza no mercado numismático Un exemplar do dobrón Brasher foi vendido en marzo de 1981 por 625.000 dólares.
O 12 de xaneiro de 2005, a casa de poxas Heritage Auctions Galleries acadou o fito de ofrecer nunha única sesión as tres variantes coñecidas do dobrón Brasher: unha da primeira época, co modelo das moedas de Lima (que acadou os 690.000 dólares),"Auction 360. Lot 30015". Heritage Auctions. 12 de xaneiro de 2005. e as outras dúas co deseño propio de Brasher, unha coas iniciais AB na á dereita (2.415.000 dólares)"Auction 360. Lot 30016". Heritage Auctions. 12 de xaneiro de 2005. e outra con esta inscrición sobre o peito da aguia (2.990.000 dólares) da que se coñece un único exemplar."Auction 360. Lot 30017". Heritage Auctions. 12 de xaneiro de 2005.
Este último exemplar, coas iniciais no peito, foi vendido novamente en 2011 pola casa Blanchard & Co., de Baton Rouge, Luisiana, a un comprador anónimo pola cantidade de 7.395.000 dólares, o que supuxo daquela o récord para unha moeda dos Estados Unidos.Gilkes, P. (2011). "Brasher doubloon brings nearly $7.4 million ". En Coin World. 19 de decembro. Mais esta cantidade viuse superada en xaneiro de 2021 nunha nova poxa pública realizada por Heritage Auctions, na que un exemplar coas iniciais AB na á dereita acadou un novo récord: 9.360.000 dólares.Kampmannn, U. (2021). "$9.36 Million: Why the Brasher Doubloon is the most expensive coin of the world". En Coins Weekly. 28 de xaneiro."Adjudicado un 'Doblón Brasher' en $9.360.000". En Panorama Numismático. 4 de febreiro de 2021. Asociación Española de Numismáticos Profesionales.
O dobrón Brasher na cultura Esta moeda constituíu o tema central da novela de misterio de Raymond Chandler titulada The High Window (1942), do detective Philip Marlowe,Chandler, R. (1942). The High Window. Ed. Alfred A. Knopf. que foi levada ao cine en dúas ocasións, unha baixo o título de Time to Kill, en 1942,Time to Kill (1942). IMDb e outra como The Brasher Doubloon, en 1947.
O dobrón Brasher tamén aparece mencionado na novela de Bernie Rhodenbarr The Burglar Who Studied Spinoza (1980)Block, L. (2006). The Burglar Who Studied Spinoza. ISBN 0-06-087276-4 e na de John Bellairs The Mansion in the Mist (1992).Bellairs, J. (2004). The Mansion in the Mist. ISBN 978-0-14-240262-7
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Escudo español (moeda)
Ligazóns externas
"The Brasher Doubloon". American Numismatic Society
Categoría:Moedas dos Estados Unidos de América Categoría:Moedas de ouro