A dos aríidos (Ariidae) é unha familia de peixes actinopterixios da orde dos siluriformes.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1858 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.Ariidae Bleeker, 1858 no WoRMS. Consultada o 5 de agosto de 2022.

Etimoloxía O nome científico Ariidae está formado, segundo a norma, sobre a base do xenitivo do nome do seu xénero tipo, Arius, coa adición do sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.

Clasificación A famila está subdividida en tres subfamilias, cos xéneros que se indican a continuación:

Subfamilia Ariinae Bleeker, 1858 Amissidens Kailola, 2004 Amphiarius Marceniuk & Menezes, 2007 Arius Valenciennes, 1840 Aspistor Jordan & Evermann, 1898 Batrachocephalus Bleeker, 1846 Carlarius Marceniuk & Menezes, 2007 Cathorops Jordan & Gilbert, 1883 Cephalocassis Bleeker, 1857 Chinchaysuyoa Marceniuk, Marchena, Oliveira & Betancur-R., 2019 Cinetodus Ogilby, 1898 Cochlefelis Whitley, 1941 Cryptarius Kailola, 2004 Genidens Castelnau, 1855 Hemiarius Bleeker, 1862 Hexanematichthys Bleeker, 1858 Ketengus Bleeker, 1847 Nedystoma Ogilby, 1898 Nemapteryx Ogilby, 1908 Neoarius Castelnau, 1878 Netuma Bleeker, 1858 Notarius Gill, 1863 Occidentarius Betancur-R. & Acero P., 2007 Osteogeneiosus Bleeker, 1846 Plicofollis Kailola, 2004 Potamarius Hubbs & Miller, 1960 Sciades Müller & Troschel, 1849 Subfamilia Bagreinae Schultz, 1944 Bagre Cloquet, 1816 Subfamilia Galeichthyinae Acero & Betancur-R., 2007 Galeichthys Valenciennes, 1840

Distribución e hábitat Encóntranse nos mares e océanos de clima tropical e subtropical que rodean as Américas, África, Asia e Australia, estando ausentes en Europa e na Antártida.Family Ariidae en FishBase.

Son principalmente peixes mariños e de augas salobres, pero moitas especies poden adentrarse en auga doce, e incluso algunhas especies soamente poden vivir neste último medio.

Características Presentan placas óseas na cabeza e cerca da aleta dorsal. Son de tamaño de mediano a grande; de corpo alongado e robusto. A cabeza é cónica, arredonada e aplanada; os dentes son finos, cónicos ou granulares, os palatinos en pequenas ou grandes placas; os orificios nasais están moi xuntos; teñen dous, catro ou seis barbas ou bigotes en torno á boca, un par maxilar, un mandibular e outro no mento; de cinco a sete raios branquiostegos; o dorso da cabeza está parcialmente cuberto por un escudo óseo visíbel a trasvés da pel na maioría das especies, o cal pode ser liso, rugoso, estriado ou granuloso, e a súa rexión posterior esténdese até a placa predorsal. A aleta caudal profundamente bifurcada; teñen unha aleta adiposa detrás da dorsal; as aletas pectorais e dorsais presentan espiñas ríxidas e fortes. A liña lateral é completa.

Algunhas especies teñen espiñas velenosas nas aletas pectorais e dorsal.

Bioloxía Aliméntanse de peixes pequenos e dunha gran variedade de invertebrados bentónicos, como gambas, cangrexos e moluscos.Discover Life

Os machos xeralmente incuban os ovos dentro da súa boca, até o momento da eclosión.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World (4ª ed.) Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.

Outros artigos Siluriformes

Categoría:Siluriformes