Cuñas é un lugar da parroquia da Pena no concello ourensán de Cenlle, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE, en 2022 tiña 29 habitantes (16 homes e 13 mulleres).

Patrimonio Aquí está o Santuario de San Bieito (1751), un dos máis importantes dos situados na comarca do Ribeiro na honra de San Bieito.

Neste lugar atópase unha casa do século XVII con arco de medio punto de grandes doelas. Nela hai un escudo con catro particións: un oso subindo a un piñeiro; unha torre; cinco bandas diagonais; un piñeiro do que saen dúas ás. Posiblemente da familia Pardo e Piñeiro.

Outro dos edificios emblemáticos da parroquia é a adega de principios do século XII, que no seu día formou parte das propiedades do Mosteiro de San Clodio. Consta de dúas edificacións, restauradas mantendo o aspecto orixinal, nunha delas, mantén o seu antigo lagar.

Festas As festas patronais teñen lugar entre o 10 e o 12 de xullo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares da Pena

Parroquias de Cenlle

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cenlle

Categoría:Lugares de Cenlle