Burnett Anderson, nado en Grantsburg, Wisconsin, o 13 de xullo de 1919 e finado o 26 de novembro de 1998, foi un numismático e funcionario do servizo exterior estadounidense.

Traxectoria

Formación Burnett Anderson acadou o grao de Bachelor of Arts na Universidade de Rochester, en Nova York, en 1940, e posteriormente completou os seus estudos na National Defense University, entre 1960 e 1961.

A súa carreira profesional comezou como secretario do gobernador de Minesota, entre 1941 e 1944.

Etapa europea Logo foi redactor de política no xornal Minneapolis Daily Times (1944-1947) e correspondente en Estocolmo do mesmo xornal entre 1947 e 1952.

En 1952 ingresou no servizo exterior dos EEUU, con destino en diversos países, como Alemaña, Irán, España, Francia e o Reino Unido, postos que ocupou ata o seu retiro en 1979, co rango de ministro con carteira.

Dedicación á numismática Á súa volta aos Estados Unidos, Anderson asumiu o posto de xefe da delegación da editora numismática Krause Publications en Washington e comezou a publicar artigos sobre a súa afección, a numismática, en revistas e xornais especializados como Numismatic News, World Coin News, Bank Note Reporter ou Coins. Así mesmo, publicou algunhas traducións e obras propias sobre outros temas."Anderson, Burnett 1919-". WorldCat Identities.

Vida persoal Anderson casou o 3 de agosto de 1954 con Maria Troell, con quen tivo dous fillos.Smith, P. (2012).

Recoñecementos

Premio Burnett Anderson Memorial

Na memoria de Burnett Anderson, a American Numismatic Association, a American Numismatic Society e o Gremio Literario Numismático (Numismatic Literary Guild -NLG-) instituíron en 1999 o premio Burnett Anderson Memorial, con motivo do seu pasamento. El mesmo foi a primeira persoa premiada, a título póstumo."Recipients of the Burnett Anderson Memorial Award". American Numismatic Society.

Premios recibidos

(1996): Premio ao Servizo Gobernamental Destacado, da American Numismatic Association. (1998): Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. (1999): Premio Burnett Anderson Memorial, de ANA, ANS e NLG."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

"Hobby mourns Anderson's death". En Numismatic News, Vol. 47. Nº 50. 15 de decembro de 1998. Smith, P. (2012). "Anderson, Burnett". En American Numismatic Biographies. Páxina 11.

Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Alumnos da Universidade de Rochester Categoría:Personalidades sen imaxes