Clayton Conrad Anderson, nado en Omaha, Nebraska, o 23 de febreiro de 1959, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-131, STS-117 e STS-120 e foi membro das expedicións 15 e 16 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Anderson graduouse en física pola Facultade Hastings en 1981 e é máster en enxeñaría aeroespacial pola Universidade do Estado de Iowa en 1983.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1998, participando nas misións STS-131, STS-117 e STS-120 e sendo membro das expedicións 15 e 16 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 166,88 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-131 STS-117 STS-120 Expedición 15 Expedición 16 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Nebraska