Na anatomía humana, a canle óptica ou conduto óptico é un conduto de 10 mm de lonxitude situado na base do cranio polo que discorre o nervio óptico, que é o que transmite a información visual do ollo ao cerebro. Hai dúas canles ópticas, unha dereita e outra esquerda.American Academy of Ophthalmology: Orbit, eyelids and lacrimal apparatus, 2013. Consultado o 23 de decembro de 2016.

Descrición É unha canle ósea que parte do ápice da órbita no foramen óptico e atravesa a á menor do óso esfenoides até a fosa cerebral media na base do cranio. O nervio óptico percórreo acompañado pola arteria oftálmica e as fibras do sistema nervioso simpático.

Patoloxía As lesións na cabeza poden provocar unha fractura a nivel da canle óptica que ás veces dana a estrutura do nervio óptico e provoca a perda total ou parcial da visión do ollo afectado. Por outra banda, algúns tumores como o glioma do nervio óptico provocan un aumento do diámetro do buraco óptico.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Córtex visual Cranio Esfenoide Foráminas do cranio Ollo Órbita Nervio óptico Sistema visual Visión

Categoría:Anatomía Categoría:Anatomía dos mamíferos